20081221

Un xuíz ordea retirar as licenzas a catro pubs de Cariño por exceso de ruído

Unha volta máis, váise actuando contra o ruído, aínda que Ribadeo vaia con retraso en tomar medidas... como se pode ver moitas noites.

4 comentarios:

Mariano Grueiro dixo...

Era hora
A hipocresia que teñen os que se adican a politica en Ribadeo e tremenda. Veña a dicires que a xente ten que sair e aqui ninguen se queixa diso, senon do ruido. Oubear coma xatos non e facer o xato non beber nen divertirse nen falar nen nada.

Un dia destes falamos do narcotrafico en Ribadeo, que e inda máis interesante. A industria da fariña move moitos cartiños en ribadeo.
Ah, a diferencia dos que van ameazando tentando agacharse, eu firmo co nome -Antonio tamén-
Bo nadal a todos e boas festas sen ruido nen drogas

agremon dixo...

Acabo de non permitir un comentario anónimo, coa proposta de cerrar todos os pub. Resulta que se esqueceu de, a parte de poñer o nome, medidas como que teñan o illamento necesario para que non se oian nas casas, ou un sistema de apertura de portas que complemente ese illamento.
En fin, teño por seguro que seguirei non permitindo comentarios de diversos tipos, porque espero que os sigan enviando.

Mariano Grueiro dixo...

Seria preciso esixir de todolos locais de ocio un illamento axeitado e que sua licenza dependa disto e de auditar a hora de peche.
E sinxelo, tecnicamente: a determinado nivel de ruido que se vaia a luz. Claro que iso xa pasa con Barras en calquer domicilio... ;)

agremon dixo...

Paso a deixar un comentario dun 'anónimo', con esta introducción miña para que quede ben claro que non é un erro: "acabo de leer a sentencia e polo que pon non ordea retirarlles a licencia se non que lle ordea o concello revisala que e moi diferente e ademais o xuiz non obliga aos hostaleiros a indemnizar a ninguen por non estar "demasiado acreditado o dano"" ten vostede demasiada maldad. o que voste deberia de facer e denunciar directamente os locais que voste considera culpables da sua situacion pero o resultado para voste igual non era o esperado e igual lle saia o tiro pola culata sin mais un saudo"
Evidentemente, coido que o de 'maldade' non é correcto, o título corresponde ó título do xornal, e entendo que revisión supón como mínimo unha retirada ata nova cualificación ... e en canto a denuncias, aí está o resultado das (xa son varias) sentencias sobre ruído.
Evidentemente, disquisicións como o comentario continuarán mentras siga a protestar polo ruído. De cando en vez sairán aquí, pero non sempre, e menos a mans de anónimos. Un saúdo.