20090125

54-24: efectos do vento


54, número de visitas do blog o sábado hai 15 días; 24, onte. Iso implica máis ou menos que a xente que visita o blog é maioritariamente de fóra de Ribadeo. Os residentes de Ribadeo non poideron facelo onte; a luz retornou cara ó medio día de hoxe (á casa, ás 14)
O venres á mañá escribín 'Previsión e principio de precaución'. A gráfica adxunta da o vento cada dez minutos e a punta de vento en cada un deses intervalos na Pedro Murias o venres, no tempo de clase normal. Coido que menos do 10% dos alumnos mariñáns teñen clase un venres pola tarde, e o tempo mantívose estable ata despois da hora de saída normal das clases, logo houbo sobreprecaución para evitar culpabilidade.

En troques, debaixo pódesse ver a gráfica correspondente ós mesmos datos pero de varios días, todo o xoves, venres e sábado. Vése que precisamente o tempo qeu se deixou sen clase ós alumnos foi o máis clamo destes días, xunto con parte do día de onte. Tamén se ve que pouco antes da medianoite de venres a sábado os refachos acadaban a máxima intensidade, algo máis de 30 m/s, isto é, do orden dos 110-115 km/h, non pasando a velocidade media en cada período en ningún caso dos 70.
É dicir, enfrontámonos a un temporal forte, pero pouco que ver co que pode chamarse temporal noutras zonas.
Aquí chegou para que a luz estivera cortada 40 horas e que os danos ós comercios foran abondantes, que se notara nas casas, tirara algunha que outra árbore, etc. Agora virán as reclamacións. Por certo, coido que o grupo mellor organizado para capear os efectos do temporal foron os pub, pois se ben a noite do venres non tiveron tempo material a organizarse, o sábado á noite puxeron a funcionar xeradores de tal xeito que ó ruído normal sumábase o dos aparellos: non deixaba de ser unha noite rara. Claro que a noite foi escasa en visitantes.
Seguirase a falar desta tormenta durante un tempo. As ondas de 20 m na costa vasca non se deron aquí, pero os efectos abondaron para lembrar.

Ningún comentario: