20090117

Aquí, como en Hollywood III

Queda a festa da noite, que está a transcorrer. A peli (que xa comentei a raíz dun apunte de Chenchu na entrada anterior) pode ter un bo recorrido. Pero cara a Ribadeo, interno, o recorrido xa está feito e tivo un bo resultado, pois o pobo xirou ó seu arredor. En canto á propaganda que pode facer de Ribadeo, depende do que sexa a súa difusión. Unha das persoas que falou nos actos foi o que se podería chamar 'responsable económico', e foi abondo político. O alcalde fixo fincapé na relevancia para Ribadeo en termos de ensinalo polo mundo e o Director, dicindo que non ía dar as grazas, non fixo outra cousa que facelo.
A alfombra vermella, toda a fronte do cine teatro, estivo sitiada á entrada e á saída do acto, e Morris e María Castro fartáronse de asinar, moito por riba dos outros actores: o éxito do momento é seu.
Chamoume a atención que no cine teatro puxeran a versión en castelá e nos multicines en galego. A versión castelá ten pequenas secuencias en galego (por exemplo, o meigallo) das que algunhas se me escapa o por que quedaron sen traducir.
En fin, tomei tres vídeos das verbas de alcalde, director e financieiro, pero non saíron coa calidade mínima.

Ningún comentario: