20090129

Bicentenario da batalla de Arante

Hoxe fai 200 anos que tivo lugar a batalla de Arante. Recollo algunha cita:
"
Ano 1809.
O 25 de xaneiro deste ano pasou a Ribadeo, dende Mondoñedo, onde chegara o día anterior, M. François Fournier, xeral do Imperio francés. Viñan con el 150 homes, 'os que á súa chegada esixiron de todas as aldeas do arredor pan, carne, viño, ovos, palla, cebada e leña, en tanta cantidade, que se se calculara o seu número polo de racións, sería inconsciencia negar que 2 000 compoñían aquela partida' (1).
O presidente da Xunta Local de Goberno saliu a recibir ós franceses, por indicacións de persoas sensatas 'e para o mellor ben do vecindario, pois doutro xeito tentaría na entrada como están afeitos, cos horrores de mortes, incendios e máis aque é ben sabido usan' -segundo as verbas dun escrito do escribano D. José Álvaro de Vila.
Fournier estableceu o seu cuartel xeral no Convento de Santa Clara, obrigando ás monxas a saír do seu retiro e a refuxiarse en casas particulares. Acompañado dalgúns individuos da Xunta, empeñados en librar a Ribadeo dos desastres da guerra, persoouse na Casa Consistorial e proclamou rei de España e das Indias a José Napoleón; e o día 29 comezou o regreso a Mondoñedo polo camiño que pasaba pola Nosa Señora da Ponte. Neste punto foi atacado por 200 paisanos capitaneados polo alcalde de Gante, D. Melchor Díaz de la Rocha. Tivo Fournier cinco mortos naquela refrega.
'Ó día seguinte acometeron os franceses pola dereita de Quintalonga e foron rexeitados polos 120 homes que defendían o dito punto, quenes lles feriron varios dos seus soldados, mataron un cabalo e apoderáronse doutro. O 31 do mesmo mes ataca o inimigo com aior tesón e forza o camiño da Ponte, atopando alí a maior resistencia, pois os nosos paisanos matáronlles 19 dos seus soldados, feriron outros moitos e obrigáronos a retirarse a Mondoñedo. Recibidos por Fournier os considerables reforzos que pedira a Lugo e Ferrol, foi prudente medida dos nosos paisanos abandoar o cordón, logrando entón só os franceses voltar a Ribadeo, . Non embargantes, receloso Fournier de que os nosos campesiños voltáranse reunir, evacuou o país en poucos días.' (2)
(1) PARDO DE ANDRADE: Los guerrilleros gallegos, tomo I"
(2) AMOR MEILÁN: Geografía del Reino de Galicia.-Provincia de Lugo". Copia traducida de 'Ribadeo Antiguo', de Francisco Lanza, Edicións do Castro 1991, p 313-315.
Unha nota: os viciños que se atoparon eran de sete parroquias dos actuais Ribadeo -Cubelas, Cedofeita, Arante e Ove- e Trabada -Sante, Vidal e Balboa-
No libro pon Gante por Sante
Este episodio lémbrase cada ano no mesmo lugar, na romería de As Cruces, se ben ista corresponde ó calendario relixioso nos meses de maio-xuño.".
"Venancio Buroz 1794-1813. Patriota venezolano que combatió a las órdenes de Simón Bolívar y encontró la-muerte en la batalla de Arante, en la que se distinguió grandemente". En http://enciclopediafacil.com/arbol/v/Venancio_Buroz_Biografia.shtml.
O concello remata de dar nota de diversos actos para a conmemoración.

Ningún comentario: