20090116

Confirmación


Si, o luns tratarase o plan sectorial no pleno de Ribadeo a pesares de que a nota de prensa do concello non falaba nada del. Foi unha ausencia que me chamou e segue a chamarme a atención. A moción foi presentada pola oposición; quizáis foi ise o motivo de que non se tratara na nota que está dispoñible na web do concello. Aconsello un repaso ó que din o Tesón ou a atalaia sobre o tema. O pleno, luns 19 ás 20h.
Mentras, Ribadeo está de obras xa sen plan (nin sectorial nin PXOM), como o amosa a rúa Carlos III, Calvo Sotelo, O Xardín (por certo, que leva alomenos un mes sin que se lle toque unha pedra, encendéndose a luz pola noite, ... pero pechado con vexas de obra. Estará esperándose ás eleccións?)... e agora, Lidl. A cadea internacional tampouco estará no centro, senón na explanada á beira do hiper Eroski (o 'antigo' Maxi) e de Brico King. é dicir, ás aforas, co que o centro comercial aberto terá outro competidor/colaborador (ó tempo que distrae compras do centro, tamén contribúe en parte a que xente de fóra veña a Ribadeo e se pase polo centro)
Quizáis hoxe na rúa a pregunta sexa outra diferente das anteriores, coido que abondo máis influíntes: sairase Balbino coa súa na reclamación de 12 000 €? Polo momento, a súa demanda foi aceptada no xulgado.

A foto, sobre a ría de Ribadeo, coa ponte dos Santos ó fondo, tomada dende o observatorio de aves.
A outra foto, unha foto dun post antigo: http://ribadeando.blogspot.com/2008/04/todos-contra-o-alcalde.html.

Ningún comentario: