20090122

Don Antonio Raimundo


    Este ano 2009, a parte de ser o ano internacional da Astronomía e a adicación da ONU ó gorila, tamén é o ano commemorativo do bicentenario do pasamento de Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. A primeira xuntanza de coordinación entre os concellos afectados tivo lugar onte nos Oscos. Os resultados parecen ser polo momento a creación dunha comisión, da que se lle pensa iofrecer a Isaac Díaz Pardo a súa presidencia. Parece que os actos van algo despacio, pero a idea non é mala.
    Seguindo co pleno do luns (tamén aquí), o 5º punto foi a aprobación da conta xeral do exercicio 2007 (atención, non 2008!), que se aprobou con abstención de UPRi por falta de datos ó non estar no consistorio a primeira parte do ano.
    Na memoria orzamentaria do 2008 (2º punto, polo tanto, vista con anterioridade á aprobación do 2008), UPRi preguntou por un montón de números diferentes, que fixeron saír á vista algunhas curiosidades, como os 8 000€ para clases para inmigrantes ou os 300€ para luz para a Casa da ría, que segue pechada. Naturalmente, houbo diversas fintas verbais, como a congta da casa da ría, pero 'nada grave'.
    A aprobación de taxas e impostos no 2009 (punto 6º) foi liquidada cos votos en contra de UPRi, quen ademáis fixo comentario de que o trema relativo á praza de abastos conviría deixalo sobre a mesa, sendo respondido que unha cousa son as taxas e outra as ordenanzas. en fin, os impostos e taxas foron subidos.
Sobre o 7º, o Regulamento de Réxime Interno do Hospital Asilo, xa se traía todo falado, aceptado algunhas alegacións e denegando outras, sen saber o público cales si e cales non polo momento (como xa dixen noutro post anterior). Foi aprobado asemade coa abstención de UPRi. E teño ganas de saber como quedou o RRI e o contrato tipo, que ía adxunto. As alegacións do Tesón, o mesmo que de outros grupos, non eran para botar atrás coido que ningunha; todo o máis, de discutir como acollelas...
    Remátase o tempo por hoxe e aínda queda moito pleno que comentar. Seguirá.
A foto, da Ponte Vella, en Rinlo.

Ningún comentario: