20090101

O día máis longo

Unha curiosidade para este ano 2009. en España, o día 1 de xaneiro será o día máis longo do ano, pois durará 86401 s. O por que, un acordo internacional para aumentarlle 1 s a tódolos reloxios atómicos que forman a rede mundial de referencia en tempo. Acordouse facelo á hora 00:00:00 correspondente ó meridiano 0º, co que na España peninsular correspondeu á 1 da mañá, na serie:
00:59:59
00:59:60
01:00:00
É dicir, retrasouse 1 s a unha da mañá. Sen tanta algarabía como sucedeu ás 12, pero máis significativo pola lentificación do xiro da Terra sobre si mesma.
... iste vai ser un ano longo.
E, falando de longo, longamente pasadas as 10 da mañá, o pub de enfrente (entre outros) segue aberto e con música: "horario ampliado" ou "horario longo"? Da igual, lei longamente incumprida.

1 comentario:

Anónimo dixo...

¿Las 10 de la mañana y siguen con música y fiesta?
Pobre gente infeliz.

Yo al menos, prefiero salir otro dia cualquiera del año a salir en nochevieja. Pero cada uno...

No tengo resaca (ni se que es eso), hay muchas formas de disfrutar de la fiesta, de la noche.

UN SAUDO.