Esta mañá tivo lugar o pase previo correspondente a Os mortos van á présa (por certo, non 'ás présas'). Director, guionista e compositor falaron despois do 'trailer' (non confundir co camión da película). A banda interpretou despois tres temas curtos. A música, candidata a un premio? Verase.
As fotos, de Maria Castro e Morris principalmente. Tamén, a preparación do cine teatro para a tarde.
Máis sobre os mortos.
Aquí como en Hollywood.
Outras no blog: 1,2,3,4,5,6,7,8, ...
As fotos, de Maria Castro e Morris principalmente. Tamén, a preparación do cine teatro para a tarde.
Máis sobre os mortos.
Aquí como en Hollywood.
Outras no blog: 1,2,3,4,5,6,7,8, ...
2 comentarios:
E que tal está? eu vin o teaser e tiña moi moi pinta. Unha peli bastante coral, e divertida... e se encima coñecemos aos extra... que máis se pode pedir?
Gustouche? esperabas outra cousa? solprendeuche? Rinlo parece Rinlo ou as cámaras fixeron algo? Divertida? Fíxoche longa, curta? Que tal o pedazo de actor Morris?
A min gustoume. Rinme. É de situación, máis con formato tv que cine, pero 'déixase ver ben', diría que é un traballo que ata pode aspirar a algún premio. As miñas dúbidas é pola acollida fóra de Galicia: ten moitas referencias que fóra daquí non son doadas de interpretar, e amortizar unha peli non é moco de pavo.
Non esperaba moita outra cousa. Quizáis superou as miñas espectativas. A duración, adecuada, é diver, ... Rinlo vése algo retocado polo enfoque da cámara, pero segue a ser o Rinlo que coñecemos. Morris ten un papel secundario, pero os dous actores cos que "interactuei" (pouco), Morris e María Castro, caéronme ben fóra da pantalla, como persoas. Morris convence a un no trato de que non actúa, vive. María parece nunha nube, pero non por riba da xente, senón que a integra á nube.
O espectáculo montado, con fallos visibles, pero dos que pasan e esquéncese, quedando unha experiencia. Persoal e para Ribadeo.
Un último dato: lembrar que de crítico de cine só teño a vontade para este caso.
Publicar un comentario