20090128

Plan anticrise

Por aquí sábese dos fondos do plan anticrise "de Zapatero" polas novas de prensa que van saíndo e aclarando se no rural ou no pobo se van facendo cousas; hoxe na prensa sae que en Mondoñedo a resolución vai ir a pleno. Coido que non representa moita mellora na difusión e no contar cos viciños se só se reduce a un paso máis que o que se leva dado aquí, pero é iso, un paso máis nesa difusión que é tan necesaria das ideas e plans de quen nos goberna en relación ós gobernados.
Mentras, como adiantei luns, as protestas pola falta de subministro eléctrico seguen a medrar sen que se restaurara a luz en tódolos lugares da xeografía. Mesmo xa se fixo vella a nota de prensa do concello cunha primeira avaliación de danos na que se incluía tanto a caída do tellado (foto de 'continuamos?') de AROMAR como os desperfectos no da piscina municipal. Xunto con esa nota de prensa foi difundida tamén outra notificando a apertura da OMIC horas extra para canalizar as queixas 'dos negocios', pois chama a atención que se trate da Consellería de industria e que poña específicamente ise tema, o dos negocios, sen abranguer aparentemente segundo a nota ós particulares. De calquera xeito, coido que os particulares tamén deberan reclamar. E faráno.
Mentras, en Ribadeo hoxe queixaranse outros negocios, pois é mércores e seguirá sen haber mercado. Por certo que mentras Fernando Suárez, o alcalde, adianta que só baixará as cotas se lle obriga o pleno, UPRi e PSOE aceptarían (parece que propoñerán) pasar de 2,70€ a 0,40€ / m2, e xa veremos se PP a partires dunha xuntanza que haberá mañá. Se o baixan, coido que tería que ser unha baixada de taxas xeralizada, pois haberá outras queixas que atender. Non dispoño do gráfico que indique como subiron as taxas dende que está en marcha a xa non tan 'nova' ordenanza do mercado hai varios mandatos, pero dubido que subiran máis que o resto; se cabe, abondo menos que outras, como as taxas da Escola de Música, que tiveron este ano unha suba considerable.

A imaxe, tomada en pleno temporal, non parece que diga nada extraordinario do mar nese momento; non embargantes, estaba furioso. Algo así como a calma do temporal.

Ningún comentario: