Asumo o título que pon na súa entrada a Cope ribadense para esta terceira entrada na que trato do pleno do luns próximo. A primeira entrada sobre o pleno comentaba unha nota de prensa do concello, a segunda incidía nalgún comentario máis xunto con outros alleos ó tema, e nesta recollo o meu desconcerto cando vexo que a xuntanza parcial de onte (da comisión informativa) remata retirando do pleno un par de puntos: a moción sobre a liña de alta tensión e a nova ordenanza acústica. O primeiro non sei moi ben o por que. O segundo, porque os políticos da oposición "necesitan máis tempo". Hai que ter en conta que só tiveron dous anos e medio, mentres que a normativa vixente hoxe ('provisional', dixeron daquela) foi tramitada nuns días por sorpresa.
En canto ós outros puntos, a ratificación do ARI para Rinlo, pode ser boa idea botar unha ollada a Rinlo bai, sobre RRI do Hospital Asilo, neste blog mesmo ou no de O Tesón, sobre Plan Sectorial, diversas notas (entre outras, 1, 2, 3, 4, ...), para as taxas, O Cargadoiro ou a nota neste blog, e, para os outros puntos ... reclamar máis información ó concello.
Hoxe tamén apareceu a nova de que os comerciantes do mercado farán folga indefinida. Por se facía falta máis, esto parece que non irá a pleno.
Despois de todo, pode que veña ben tamén para rematar a letura pegarlle unha ollada ó último post do Cargadoiro...
Ningún comentario:
Publicar un comentario