20090123

Previsión e principio de precaución


Hoxe a consellería de Educación decretou día sen clase. Anoite extendíase a nova teléfono a teléfono entre profesores e alumnos. O motivo parece ser que é a mala previsión do tempo. E polo momento, ben mala, pois fai menos vento e menos frío e menos choiva que moitos outros días.
Non é a primeira vez que pasa, isto de cortar as clases no último momento. Tampouco deixa de ser habitual entre os días que se cortan as clases na Mariña, que despois faga un tempo bonancible. É máis ben raro que despois de cortarse as clases, faga un tempo desapacible extremo. Pero parece que prima o principio de precaución.
O principio de precaución di (versión miña, quizáis algo misturada co 'principio de prevención') que unha determinada actividade non debe facerse se hai dúbida razonable de que pode ser perxudicial a nivel xeral. A cuestión está no 'razonable' e o seu cálculo. Ambos extremos de aplicación, cando se coñece unha certa probabilidade e o principio aplícase cando é moi baixa, ou ó revés, cando se espera a que sexa moi alta, son perxudiciais en xeral. E diríase que Educación está aplicando o raseiro baixo, para non ter responsabilidade sobre posibles accidentes en caso de mal tempo. Pero aquí ven o tema do prexuício subsecuente: cando se suspende unha actividade, prodúcese o perxuízo da súa inexistencia, en particular se é un servizo público como a educación. E a suspensión de clases tamén implica unha responsabilidade a non ser que a educación non se considere como valor. O caso é, ¿considérase?
Se se considera, coido que habería que sopesar mellor do que se está a facer os días de suspensión de clase.
... Claro que hoxe mesmo recibín un comentario en 'Granizada' precisamente falando do mesmo tema a nivel de previsións do tempo e en sentido contrario.
... e que hoxe a prensa trae que onte o vento causou perxuízos en Ribadeo.

Ningún comentario: