20090129

Primi, Mª Antonia, Telva, Mª Luz, Matilde




Foron as protagonistas dun acto entrañable, o que significou o contar via as novas tecnoloxías un anaco das súas vidas, aderezado con fotos a modo de lembranza e con música de fondo. Unhas 50 persoas estaban no auditorio Hernán Naval onte á tarde para escoitar e ver eses trazos recollidos dende a madurez. Pode que nada especial, pero si visto na súa perspectiva, que resultou contaxiosa para quenes as arroupamos pola intensidade que resultou da transmisión. Foi o resultado unha seire de cursos para maiores de 50 (anos) da rede da Sociedade da Información, dependente da Consellería de Industria. Houbo un acto previo, unha presentación de Helena Veiguela como representante político promotor, rodeada de alcalde, a xefa do tema, e a concelleira da muller, pois diso ía o título: memoria de muller. A destacar que unha delas, Primi, xa é experimentada articulista e escritora en xeral; ver por exemplo aquí, pero o resto son descoñecidas contando as súas experiencias.
Xa digo, sen ser nada especial, recolle anacos de vida que coido que gustará ver. Polo que falei despois, espero que a presentación será colgada en internet sen tardar demasiado. E que a experiencia, evidentemente didáctica e practicando iso de que o que se practica apréndese mellor, repetirase dun xeito máis xeral, non só para mulleres.
E mentres Ribadeo é alimentado segundo parece dende Asturias, aínda quedan núcleos sen luz, e os alcaldes mariñanos van facer turismo a Fitur, onde de seguro que non aparecerá o DVD presentado onte. E tamén xa van a boa marcha as reclamacións. Aí está a entrevista a Alberto Moledo que trae hoxe a prensa e que me fixo pensar nun punto concreto: as indemnizacións do sábado noite pedidas polos pub, cos xeradores funcionando.
En fin, está avisado un novo temporal que entraría xa hoxe. Deixo as previsións de meteogalidia e aemet á beira, pois aquí non parece que vaia ser tal.

Ningún comentario: