Onte, xoves, asistín ó debate en Onda Cero. Un dos temas era o Plan Sectorial. En curto tempo non deu lugar a máis que reseñar algúns puntos, como o alonxamento dos viciños da redacción do plan ou que sexa un plan redactado nun estudo sen pisar sobre o terreo. Pola miña parte, xa levo deixado aquí varias entradas ( 1, 2, 3, 4, ...) pero coido que aínda necesita de máis falar. por iso vai ista complementaria.
Coido que non o problema, pero si a confrontación, está no prezo de 6€/m2 que se pretenden na expropiación, sen antes ter feita unha verdadeira negociación sobre os terreos. Avisar de que se non hai acordo hai exporpiación a ese prezo implica de fieto saltarse un paso previo e necesario, o da negociación do custe. O que leva ó principal tema dende o meu punto de vista, tema polo demáis repetido en múltiples ocasións no blog: non se conta coa xente, hai un déficit de información e democrático do que derivan moitos outros males.
Cabería ademáis preguntarse pola oportunidade dun plan que necesita contar co PXOM para o seu desenvolvemento. Pero, se o PXOM está en trámites, que vai ser antes, quen vai impor ondicións a quen? Ou é que se vai collero xa vello e trasnoitado plan do 77 para levar a cabo algo de máis de trinta anos despois? a resposta é que 'iso parece'
Despois dos puntos principais, cabería engadir o problema dos accesos, a porcentaxe de volume edificado e de zona verde, os agravios comparativos na construcción segundo zonas do plan e non, o evitar se é posible o circo político (algo que non se está a facer, seguindo a norma de que primiro é atraer votos e logo o ben público, en troques de facer o ben público e os votos xa virán por engadido), etc. De calquera xeito, eses outros puntos, a estas alturas, non hai quen os saiba pola información dada...
Se nos centramos nos papeis que se puxeron a disposición na web, chámame a atención en primeiro lugar o de 'Área funcional de Ribadeo'. como non sei 'a priori' o que é iso, miro na rede, e atopo "Neste caso definimos as áreas funcionais en base aos ámbitos de mobilidade residencia-traballo, é dicir, as áreas dentro das que tenden a producirse os desprazamentos diarios entre o lugar de residencia e o lugar de traballo da poboación laboral. Como factor de determinación desa área utilizamos a matriz de mobilidade laboral intermunicipal elaborada a partires do Censo de 2001. Unha área funcional é un área ou 'mercado de traballo' que internaliza a maior parte dos fluxos residencia-traballo alcanzando un nivel de autosuficiencia determinado, establecido a priori." (no documento http://conselleriavivenda.xunta.es/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/Anexo_II.1_Delimitacixn_das_xreas_Funcionais.pdf, onde por certo tamén aparece a autoría do documento enteiro) ... Quería só unha definición e teño varias con verbas de difícil catadura, que hai que filtrar ademáis polas porcentaxes de mobilidade estipulados no documento. Chego á conclusión de que as áreas poderían ser delimitadas doutros xeitos co mesmo nivel de aceptación e diferentes conclusións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario