20090113

Solucións parciais


Parcial ven de parte. E solución parcial pode entenderse de varios xeitos. Por exemplo, como solución 'dunha parte' do conxunto do problema ou solución 'para unha parte' das afectadas polo problema. No primeiro caso, a solución pode ser incompleta, pero é obxectiva. No segundo, a solución é subxectiva, dependendo de se o/a afectado ve unha solución para o seu problema independentemente de que iste subsista para os demáis. Coido que debe tenderse á solución xeral (en canto a que inclúa a todos os afectados), obxectiva, e non á parcial (no mesmo sentido), subxectiva e que de xeito natural da lugar a favoritismos.
Atopamos hoxe na prensa unha xuntanza ás catro da tarde entre oposición e comerciantes ambulantes para o tema do mercado. Ata aí, todo normal. Pero hai un comentario na nova que me chama a atención: 'Que maña haxa mercado dependerá en grande parte da solución que selles de'. Polo momento, a oposición é oposición, non goberno, e o tema non foi tratado en pleno. Xa houbo quen se manifestou en contra de rebaixa, que suporía unha petición de rebaixas en cascada doutras taxas. E mentras, non hai novas de que a situación dos pagos das taxas demeses pasados por parte dos comerciantes sexa unánime nin moito menos. Asi, devolverían as taxas xa pagadas de ser concedida unha rebaixa? En canto ós afectados, non sei se se pode considerar afectados só ós comerciantes ambulantes, aínda que sexan, evidentemente, os máis afectados.
A foto presenta unha solución, ó meu ver, parcial: o edificio que máis resalta (non só pola cor actual, senón polo volume) da vista de Ribadeo dende as Figueiras. O por que ten máis alturas que o edificio de enfrente na troncal/Rosalía de Castro, iso non o sei.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Os vendederos ambulantes para nada som afectados. Afectados somos se nom pagam esse tributo.