"Unha das leis inexorables da economía é que ningunha actividade que consuma máis riqueza da que produce pode manterse indefinidamente" (dunha carta ó director na Voz de Galicia o 2/1/2009) ... aplíquese á economía 'financieira', ó o cambio climático, ... é unha lei moi versátil. De feito, non é unha lei da economía, é a aplicación na economía dos principios de conservación físicos. Aplicables onde se queira, están relacionados con que o que non está en equilibrio, sinxelamente cambia de estado, ou, se non pode por algunha razón do entorno, extínguese o proceso.
... E cando a 'lei' incumbe a todo o proceso económico? Pois ou se cambia o proceso (o 'sistema de intercambio económico') ou a actividade económica tende a desaparecer.
(poderíase seguir noutros campos, como a ecoloxía)
Ningún comentario:
Publicar un comentario