20090131

Unha semana e un día

Parece que xa se rematou, que todo o mundo ten xa luz na zona: 'e a luz fíxose'. Fixo falta unha semana. É abondo tempo. Por iso Consumo recomenda reclamar. E di como facelo. En contra, Fenosa esta mesma semana fixo públicas cifras récord de beneficios (a ter conta de que noutras zonas aínda quedan viciños sen luz). As administracións tiran pedras unha sobre do tellado das outras. E novamente Fenosa mete o dedo ou a pata acusando a consellería de Industria polo tema das novas licenzas eólicas (ata aí, todo podería ir ben) distinguindo que 'está contenta' co PSOE' e 'non está contenta' co BNG. E din que non se esperan moitas reclamacións porque os galegos son comprensivos. Tamén outras opinións achacan (máis ben diría, 'cargan contra') boa parte das culpas polos danos a continuación do temporal á dispersión territorial de Galicia. En parte, dificulta, si, pero ata o extremo no que nos atopamos, non.
De dispersión territorial tamén se encarga a Conselleira Caride, que terá que prologar ata o 2010 a prohibición de construcción nos primeiros cincocentos metros de liña de costa por non ter preparado antes das eleccións o Plan do Litoral. Parece que agora non reclamará moita xente esta ampliación, pois a construcción xa está de por si de capa caída.
Mentres, o novo aviso de temporal parece que en Ribadeo queda copiosas choivas, aínda que a "cousa", o punto álxido váise retrasando ata esta noite... no que en Ribadeo non hai previsto nin choiva, e só un vento medio.
A concellería de Medio Ambiente comeza a repartir ata vinte depósitos de compostaxe a quen o pida. Pode ser un primeiro paso . Non vexo un aviso dun cursiño de formación mínima para facelo, e paréceme raro; coido que debera acompañar o reparto para facelo ben.
A nivel internacional, Israel remata de facer co Goberno Central algo así como Fenosa coa Xunta: tentar unha división maior entre xuíces de Goberno. A base, un cambio legal que esperemos que non sexa tal.
Hoxe, Asamblea de O Tesón.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Interesante o do artigo anterior dos "reinos de taifas" co das fundacions da Mariña. Se vas a Irlanda dous estados chéganse a unir (Reino Unido e Irlanda) promocionando o turismo da illa. Ún sueco que queira vir nas suas vacacións, o millor quere visitar varios concellos, hay que darlle solucións.
Co de votarse as culpas úns os outros, o mesmo. Vai ter que vir a crise de verdade en 2010 para que a xente caia na conta que so se teñen a eles e seus veciños. E algun politico de boa vontade, acabouse chupa-los cartos que non hay.
A nova positiva e a compostaxe, ven a unirse a outras iniciativas do estado . Non sei se será con vermes -vermicompostadores- ou sen eles -compostadores- , a verdade e que na Galiza hay de sempre tradición de aproveitar para a horta os residuos orgánicos, máis coma ben dis, e preciso un mínimo de formación. A compostaxe apórtache maior calidade pero e preciso coñece-lo proceso.

agremon dixo...

... polo momento, que eu saiba, sen vermes.

agremon dixo...

Deixo unha ligazón para o que Mariano di dos 'reinos de taifas': http://ribadeando.blogspot.com/2008/04/novas-curiosas.html