Deixo aquí algún punto dos que aparece na nota de prensa que se pode ver na páxina do concello xunto con algún comentario:
Comisións informativas previas ao pleno da vindeira semana. (Hoxe) pola tarde celebraránse no Concello de Ribadeo varias comisións informativas previas ao pleno. Son as de urbanismo e asuntos e servizos xerais.
Na comisión de urbanismo e obras analizaráse a ratificación do novo proxecto da ARI (área de reahbilitación integral) para Rinlo. "Tivemos que refundir todas estas peticións nun novo proxecto que queremos que se refrende outra vez polo pleno", "aportación de fondos públicos do Ministerio, da Xunta e do Concello".
Na comisión de asuntos e servizos xerais veránse as alegacións e a aprobación definitiva do regulamento de réxime interior do hospital asilo. Así lograrase adecuar "ás esixencias legais" pois "se estaba un pouco traballando de xeito alegal"; "permitirá abrir as portas á financiación externa a través de outras entidades coma a Xunta, a Deputación, etc", "permitirá buscar un maior financiamento para reducir esa fenda existente entre os ingresos e os gastos". Coido que pódese ver como ilustración do tratamento do RRI do hospital a nota do Tesón.
Tamén se vai analizar o estado de tramitación da ordenanza contra a contaminación acústica. Fernando Suárez considera que "hai que volver a traer a debate esta ordenanza que data do mandato anterior, pero que aí quedou. Foi aprobada inicialmente e sometida a exposición pública para que se presentasen alegacións, houbo alegacións que xa están informadas pero o documento digamos que estaba nun caixón". O alcalde insiste en que "se trata de volvelo a sacar para que a Corporación decida que facemos con él. Eu non quero desentenderme desta responsabilidade xa que o Concello hai tempo que está condenado a pagar unha cantidade a un particular ata que se resolva este problema da contaminación acústica, pero tamén na propia sentencia o Concello está condenado a buscar solucións". Suárez engade que "polo tanto queremos promover propostas para regular este sector e esta problemática do ruido porque senón moito me temo que as cousas aínda poderían ir a peor con consecuencias desagradables para todas as partes e polo tanto para o Concello. Queremos que a Corporación se faga cargo desta responsabilidade e entre todos decidamos cal é o mellor método para regular o problema da contaminación acústica". ... coido que o mellor xeito é aplicar as cousas que se deciden antes de cambialas. E xa van alomenos dous cambios previos sen que se faiga. De calquera xeito, para contrastar, e aínda en ausencia do documento principal, deixo unha copia das miñas alegacións particulares feitas no seu momento (ver selo de datas; non cambiou nada dende entón). No pleno verase se hai que dicir 'aleluia!' ou hai que esperar a que aclare. De calquera xeito, sobre o ruído xa hai máis que o pleno. E non hai unha soa sentencia. Está acompañada. E estaráo máis, resulte o que resulte, pois hai material atrasado para xuízo.
O que coido que estaba previsto tratar tamén no pleno era o Plan Sectorial, pero non vexo na nota de prensa referencia a el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario