É certo que a producción de leite, de xeito direito, afecta cada vez a menor número de persoas ó estaren máis concentradas as gandeirías. Pero en plena crise, unha rebaixa de 0,03 €/L pode significar moitos cartos para cada gandeiro e para a comarca. E un aviso de cambio de empresa de recollida dunha semana para outra, nunha actividade na que ás vacas non se lles pode dicir que paren de producir, debera ter tanto unha protección maior por parte da estrutura social (e política) como unha resposta máis organizada e contando con toda a sociedade.
Como empresas diferentes, cada explotación gandeira terá os seus problemas e sacará máis ou menos beneficio. Pero iste é un problema que as afecta a todas na súa rendabilidade, e entendo que, polos prezos barallados, a máis dunha na súa subsistencia futura.
Mentras, rematou a campaña eleitoral, e, o mesmo que non se sabe nada da nova saída da autovía en Ribadeo, tampouco se dixo nada do problema do leite, que eu saiba. No día de reflexión, máis que reflexionar sobre a quen votar coido que se debera reflexionar sobre como mellorar a política que estamos a sufrir, non a desfrutar, neste país.
2 comentarios:
O problema do leite é un problema que moitos descoñecen. A continuación vou comentar brevemente as últimas do sector:
As últimas son que as compañías como Leite Río e Pascual están deixando de comprar leite os gandeiros que formen parte de grupos leiteiros / cooperativas (como por exemplo: O grupo Leito de San Miguel de Reinante que da o leite a CELTA). De esta forma, en lugar de negociar o prezo do leite con un grupo de 30 personas, impoñen eles o precio, porque ¿de qué forma se vai producir a negociación: empresa-1 gandeiro? Mediante imposición de prezo por parte da industria.
Outro tema interesante: As empresas de leite de Galicia están traento toneladas e toneladas de leite cada día de fora de España, ¿e por qué? En Francia, Alemania, as principales empresas compran millóns de litros cada día a un prezo X cent/l, de esos litros inentan colocar todos aqueles que poden (productos básicos (leite, yogur natural) e en productos con valor añadido (derivados lácteos), aqueles litros que non dan colocado, vendenos as empresas de España (véase: Central Lechera Asturiana, Celta, Pascual, Leite Rio,...ect) a un prezo de coste, é decir, a un precio inferior ó que as empresas lles están pagando os gandeiros galegos. ¿É que dice o goberno de España, o goberno de Galicia? NADA.
Fai 4 anos votei por o cambio, ilusionado, porque personas que habían loitado cos gandeiros en Madrid, en Coruña, en Santiago e incluso en Bruselas en varias ocasións, ivan formar parte do goberno, e sí, cumpliuse aquel soño tan agardado, fixéronse coa consellería do medio rural, compañeiros (así os consideraba) que habian loitado cos gandeiros pasaban a formar parte do goberno galego. ¿Qué pasou durante estos catro anos? Pois que as miñas ilusións quedaron no camiño, en algunha parte, e por máis que busque non as dou encontrado. En estos catro anos derónnos a espalda en todo momento, incluso con medidas perxudiciais para os ganderios como impedir que os veterinarios poidan dar certificada a folla verde dos animais novos e obligar de esa forma ó gandeiro ir fisicamente á extensión agraria máis cerca a por ela. E outars moitas máis medidas que nos levaria medio día contar.
¿E qué podia facer o goberno frente á situación que se está vivindo en estos momentos, coas empresas comprando o leite ó extranxeiro a prezos de custo e deixando de recoller ós gandeiros galegos?
- Fácil solución. O goberno podía comenzar a facer inspeccións. Inspección tras inspección (para detectar calquiera anomalía nás fábricas). Outra medida que poderian tomar sería: Maios presión fiscal mentras sigan comprando leite de fora a prezos de custo.
- ¿Canto costa 1 litro de leite no mercado? Ontes que estiven no centro comercial As Termas. 1 litro de leite de Celta custaba 75 céntimos.
- ¿Cánto paga CELTA ós gandeiros? 31 céntimos
- DIFERENCIA: 44 céntimos/litro
- Litros que recolle cada 2 días en unha explotación media: 900 L
- Diferencia (PAGO - VENTA): 900x0.44=396 euros
- Supoñamos que cada 2 dias recolle o leite en 100 explotacións (recolle o leite en moitas máis, pero vamos facer un exemplo): 39.600 euros
- En un mes: 39.600x15=594.000 euros
É decir, entre o que paga os gandeiros e como vende o leite (esto sin contar o porcentaxe que deriva para o leite ou para outros productos derivados do leite), en tan solo 100 explotacións medias, está a sacar un marxen de 594.000 euros/mes.
- ¿Cales son os costes fixos e variables que ten a empresa? Non creo que chege a esa cantidad.
Sacade as vosas propias conclusións.
Despois do comentario anterior, só asentir: Sacade as vosas propias conclusións.
Publicar un comentario