20090203

Outra charla



A de onte estaba anunciada polo PSOE como charla de presentación de candidatura. E foi presentada, si. Coa asistencia de Ricardo Varela, nº 1 do PSOE pola provincia e conselleiro de traballo.
Enetereime na mesma, por un coñecido, que todas estas charlas deben ser computadas e enviadas ó organismo de vixiancia mesmo na precampaña, e é que como se dixo o sábado, cada vez hai menos diferencia entre precampaña e campaña (ou, como se soe dicir entre a xente de a pé, os políticos xa están sempre de campaña).
O caso é que onte o acto 'pre-eleitoral' tentou de pór en valor o traballo do PSOE nos catro anos de mandato, calificando básicamente ó PP de mentira obviando a (in)existencia do BNG, que foi mencionado unha soa volta e non como compañeiro de goberno ou cabeza dalgúnha consellería con logros expostos, senón para lembrar que é nacionalista.
O corte do acto foi de prefil máis baixo que o do BNG, e notouse na asistencia na casa sindical. As verbas, calmadas. De feito, saín coa impresión de que había algo que se me escapaba, e tardei en dar co tema. A cousa é que despois de comparar os dous mítines, diría que en Ribadeo o BNG actuou como forza emerxente e ilusionante mentras o PSOE fíxoo como forza que non encara un resultado demasiado bó e se conforma con non indispoñerse para outras eleccións futuras.
Polas características do salón, non puiden repetir fotos semellantres ás do sábado, e aí queda a mesa cos integrantes e a decoración como testemuña.

Ningún comentario: