20090205

Unión / desunión

O tema do mercado parece abocado a continuar, mentras os mercaderes cada vez perden máis apoio dos ribadenses. Incluída a oposición, que vai palpando tamén a posición mesma do pobo. Mentras, levamos xa máis dun mes sen mercado na 'segunda fase', é dicir, despois de que os comerciantes decidiran interromper a folga no Nadal, época de boas ventas en todo tipo de comercios, e mentras continúan sen pagar taxas de meses anteriores. Ribadeo non perderá o seu mercado, pero o tema non se solucionará de xeito inmediato. O buscar a solución cada quen polo seu sitio retarda a solución mesma.
Recollo unha frase da nova da evolución das conversas oposición - mercaderes nun xornal: "Onte no mercado de Ribadeo instálaronse algúns pequenos produtores de horta, rodeados de coches estacionados en zona prohibida." É dicir, de xeito independente / dependente, segue o desmadre de control que deu lugar á actual situación. E é que a normativa ou se cumpre ou fai que aparezan problemas polos catro costados. E unha cousa é un incumprimento meditado, para tentar cambiar algo que se pode considerar inxusto, e outra ben diferente a desidia no cumprimento e a súa vixiancia ou o forzamento interesado dos límites establecidos acompañado dun 'laissez faire'.

2 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

Estos mercadillos suelen desaparecer cuando los mercados evolucionan hacia formas modernas. De hecho donde subsisten, aparte del atractivo turístico y folklórico que no desprecio pero que habría que poner en sus justos términos, el significado es que su nivel de desarrollo comercial es precario. Y si Ribadeo hubiera superado esa frontera?. Pues puede que la desaparición del mercado no sea tan traumática....

Anónimo dixo...

O tempo: potenciarase a venda de excedente agrario. Os alimentos subiran e esta e boa saida para productores e consumidores. Se poñen pegas, non hay problema,os consumidores iran directamente onda as parroquias dos productores , como pasaba nos anos 80 en que achegabaste a alguen de confianza a mercarlle ovos e grelos