20090310

Completando novas

Hoxe a prensa fáise eco do desprendemento do talud na Atalaia, blogueado onte en Ribadeando. A notar que xa comeza o peloteo entra administracións típico nestes casos (lembrar o desprendemento no cargadoiro), escudándose non en onde estivo a orixe do desprendemento, senón en quen ten ou non a potestade sobre o lugar. Por outra banda, o pleno aprobou en xaneiro o desbroce da zona por parte de Costas, logo Costas ten algo que ver no tema.
Días pasados falaba tamén do comezo de paralización de obras en Barreiros. A conta segue aumentando.
En canto á manifestación convocada para mañá polos mercaderes, comeźase a falar de coaccións para o cieerre dos comerciantes e a defensa dos comercios por parte da ACIA. Puiden acceder a listas do concello e dos mercadres sobre as contas de cada un e quedeime asombrado. Mentras que o concello fai as contas sobre un total de 962 m2, as contas dos comerciantes duplican case exactamente esa cifra, 1915 m2, e ambos sobre unha superficie de praza de aproximadamente 2500 m2 (a contar ademáis 1640 m2 da rúa Doutor Moreda, e a descontar 625 m2 da superficie construída no edificio do mercado, todos datos obtidos a aprtires do Sigpac). Coa dircunstancia de que os mercaderes tratan con fondos entre 3 m e 5,9 m e o concello (unha volta feita a comparación de frontes), con fondos entre 1m e 4 m, sendo sempre superiores as superficies computadas polos mercaderes, pero con diferencias porcentuais extremas na parte de alimentación e mínimas nos maiores postos de téxtis, que se traducen en pequenas diferencias de pago entre ambas propostas en alimentación e grandes en téxtis, destacando no caso de J. Rouco, quen encabeza a proposta e a revolta. Por outra parte, aínda despois da subida da porcentaxe anual (agora os prezos xa son de 2,88€/m2 polos primeiros 2 m2 e 1,29 polo resto), o concello ten unha recadación prevista para un mes normal (4 semanas) de 4960 €, mentras que as contas propostas polos mercadres elévanse a 4789 € un mes de 5 semanas. As contas non están tan alonxadas como din; si o está a superficie que quere expor cada un e o balance dos pagos a facer por cada parte do mercado.
... Sigo a pensar que se triunfara a proposta dos mercaderes, a continuación habería revolta en calquera outro lugar onde se quixera poñer algo de orde, pois de xeito evidente, aquí ata o momento non o había.
Acábaseme o tempo; queda o comentario dunhas cantas fotos da zona da ría para máis adiante.

Ningún comentario: