Collo os datos, definitivos ó que parece, dos resultados eleitorais no conxunto de Galicia (por certo, nesta ligazón, http://resultadoseleccions.xunta.es/11AU/galiciamesas2009def.zip pódese descargar unha aplicación chusqueira para windows, que non para linux ou mac):
Candidaturas Votos Deputados
P.P. 789427 46,68% 38
PSdeG-PSOE 524488 31,02% 25
B.N.G. 270712 16,01% 12
UPyD 23796 1,41%
TEGA 18726 1,11%
EU-IU 16441 0,97%
OV 5911 0,35%
PUM+J 3507 0,21%
F.P.G. 2903 0,17%
NÓS-UP 1510 0,09%
PH 1227 0,07%
D.O. 1066 0,06%
+ G 923 0,05%
FE de las JONS 675 0,04%
SAIn 420 0,02%
GU 369 0,02%
UCL 311 0,02%
SDD 262 0,02%
AVE 230 0,01%
E fago algunha conta:
Os votos que lles costou ós partidos cada escano foron:
PP,20774,39
PSOE,20979,52
BNG,22559,33
... e para os outros non conta, que se contara, o resultado sería ... infintos :-)
Os resultados para Lugo:
Cunhas poucas contas pódese ver, por exemplo, que o PP non sacou máis votos que PSOE+BNG, pero non por moito: 1,63% dos votos, 1,09% dos votantes. Cada deputado PP ten detrás o apoio de 13696 votantes, e cada BNG, 16707.
1 comentario:
Coido que, algo máis de dúas horas despois de publicar a entrada, debo poñelo. Por que a suma de votos recollidos polos partidos segundo a táboa (230366) é menor que a suma de votos válidos (229197)?
Descoñezo o motivo, pois a emigración deu máis de 1 000 votos en Lugo, pero fixo que me parara de novo na análise e, aínda que siga a recoller cousas sobre as eleccións, nunha tempada non comentarei os números, se ben poñerei dentro duns días os correspondentes a Ribadeo.
Publicar un comentario