O folleto que se tirou pola rúa para animar á manifestación polo tema do mercado (aínda aparece co manchado despois de sere pisado antes de que me fixera con el) e un par de fotos da manifestación. Un cálculo dame algo máis de cen persoas e menos de douscentas, pero outras fontes elevan ata 200 (Cope) ou 300 (Voz) o número de participantes.
Non recibiron o permiso correspondente e a mani foi polas rúas peonís, como se pode ver nas fotos. Respeto e falta de incidentes, con algúns comercios con cierre ó seu paso foi a crónica curta.
Pero non a única a ofrecer: a próxima semana finaliza o prazo dado polo alcalde para o pago dos atrasos e aquí todo segue igual. Sen pago, sen mercado, sen rebaixa de taxas (é máis, na parte correspondente a marzo está aplicada a suba anual de taxas, co que non se manexan xa 2,7€/m2 de saída, senón 2,88, e o mesmo pasa para os m2 de exceso. É dicir, continuará: a nota de prensa emitida polo alcalde despois da manifestación non deixa lugar a equívocos sobre se vai ceder.
E mentras, ó alcalde non lle quedou outra que responder ás preguntas sobre o desvío da carga de Ence ó Musel, e facer ver as axudas que está a dar o Principado (6M€) á empresa, que algo influirán no tema.
Nas novas de hoxe tamén podemos relaxarnos: Para iso está a outra nota de prensa do concello, relaxación para bebés. Mágoa que non sexamos xa disa idade.
De calquera xeito, con relaxación ou con tensión, hai realidades que rematan volvendo ó cabo do tempo. Aí está tamén o caso da mina de Salave, hai tres anos rexeitada e que volta a colarse pola porta de atrás en base a intereses económicos e o alinamento do Principado cos mesmos. Hai que considerar sempre que é más doado que algunhas persoas que teñen posibilidades de aguante e de influenza turren para impor os seus intereses que que a maioría, que ten que adicarse a outras cousas, aguante unha e outra vez de xeito consistente. Pero se ten razón, é necesario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario