PP, maioría absoluta. Desconcerto visible no bipartito, que cría que o cambio, só por dicilo, seguiría sendo cambio. E non. Non foi así. Ter unha percepción de que se estaban queimando etapas de corrupción máis rápido aínda que en mandatos anteriores non favoreceu ó proceso de cambio, e o aviso de que viña o o lobo-PP non valeu cando se tivo conciencia de que o actual tamén era, polo menos, un raposo. Non está de máis repasar cousas no mesmo blog como o conflito do leite (ver o comentario a esta entrada) ou o suave artigo de hai uns días. A cousa é que o PP sube (a falta de rematar o escrutino, sube máis do 2% en relación de votos a nivel Galicia), mentras PSOE cae (máis do 3%, un 10% en relación ós seus resultados anteriores) e BNG se desfai (caída do 2%, máis dun 10% en relación as anteriores, aínda que suba lixeiramente en Lugo).
A participación, a máis elevada ata o momento, manifesta que 'se botou ó bipartito' máis que que se votara ó PP.
Polo momento, só teño os resultados definitivos a nivel Ribadeo, non a nivel Lugo (onde se quedará 8/5/2) e menos a nivel Galicia, polo que as estatísticas finais quedarán aínda un tempo sen poñer á beira das das pasadas eleccións.
En canto a Ribadeo (cos resultados do 2005 en parte en porcentaxes, que foi o que puiden lograr polo momento), son:
Ribadeo: | ||
2009 | 2005 | |
Total votantes | 5844 | 70,10% |
Abstención | 2410 | 29,90% |
Votos nulos | 77 | 0,85% |
Votos en branco | 115 | 1,37% |
8446 | 102,22% | |
2009 | 2005 | |
Candidaturas | Votos | Votos |
P.P. | 2659 | 2607 |
PSdeG-PSOE | 1522 | 1777 |
B.N.G. | 1226 | 1046 |
UPyD | 155 | |
EU-IU | 42 | 26 |
NÓS-UP | 11 | 3 |
PUM+J | 9 | |
TEGA | 9 | |
F.P.G. | 7 | 5 |
PH | 6 | 9 |
GU | 3 | |
+ G | 2 | |
FE de las JONS | 1 | 3 |
Segundo os resultados da páxina da Xunta, http://resultadoseleccions.xunta.es/11AU/FTOP11_L2.htm , resulta que nas eleccións pasadas non coincide o 100% dos votos, sénon (unha volta feitas as contas por min) co 102,22%. É de supoñer que sexa polo tema da emigración ...
Estas eleccións as porcentaxes de participación, abstención, en branco e nulos son semellantes ás pasadas.
Os votos que perde o PSOE son case os mesmos que os que gana BNG e UPyD.
As porcentaxes totais que saca o PP e o bipartito en Ribadeo e en Galicia son semellantes. Non así a relación PSOE-BNG, abondo máis equilibrada en Ribadeo que no conxunto galego.
UPyD non chega nin ó 2% dos votos, quedando polo tanto lonxe de aspirar a unha representación no que a Ribadeo respecta; aínda así, saca maior porcentaxe que no conxunto da comunidade.
Non está de máis lembrar, pola experiencia de anteriores veces, que os resultados non son extrapolables nin para as eleccións ó nivel local nin ó nivel nacional; a lei electoral está detraś do tema, igual que do reforzo cada vez maior dos grandes partidos en detrimento dos pequenos, aínda que ocorran casos sen significado estatístico como que estas eleccións EU obtivera algún voto maís en Ribadeo que nas pasadas.
Unha última curiosidade: hai 1 único votante de FE, diminuíndo dende a última vez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario