20090308

Ribadeo, muller

    Hoxe, 8 de marzo, celebrado como o día da muller (traballadora), debemos constatar que Ribadeo ten (ou debera ter) máis de muller que de home: a maioría da poboación de Ribadeo son mulleres, a bote pronto, unhas 500 máis que homes (4.671 homes, 5.183 mulleres no 2008).
    Quedaría especificar sobre o título e o comentario algunha cousa, como o de 'muller traballadora' nun tempo no que a porcentaxe de amas de casa a tempo completo na zona segue a ser moi alto ou o de 'debera ter', cando a vida pública está copada polos homes dende hai séculos... Pero hoxe é festa doble: domingo e a celebración laica da muller. Deixémolo para outro día.

Ningún comentario: