20090316

Un artigo de Suso Fernández Acevedo na Comarca última: Dándolle á lingua

Coido que no debate sobor da lingua hai aínda abondas cousas que dicir, pero sobre todo, de aclarar. Este artigo vai nese sentido.

4 comentarios:

Suso F. Acevedo dixo...

Velaquí o enlace á noticia de La Nueva España á que se refire o artigo:
http://www.lne.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031200_41_734706__OCCIDENTE-vecinos-Occidente-confian-cambio-Xunta-frene-expansion-gallego

Suso F. Acevedo dixo...

No artigo da Comarca, onde pon "fronteiras administrativas coas fronteiras políticas" debería poñer "fronteiras administrativas coas fronteiras lingüísticas".

Foi un erro.
Saúdos

marinho68 dixo...

Moi bo o artigo de Suso....moi bo.

Agora vivo en Compostela, pero cando vivía en S.Miguel de Reinante, e participaba activamente na Asociación Cultural e Folclórica O Arco Da Vella, lémbrome das veces que nos chamaban para ir a tocar a Castropol, á Veiga, a Navia, a Tapia... Lémbrome que ían mais grupos galegos a tocar que asturianos.Preferían escoitar a Gaita galega que a asturiana. Seica agora pode sonar un pouco gracioso decir iso,daquela non pasaba nada....hoxe en día ó melhor sairíamos pitando.

Dende fai uns anos, algo está pasando en Asturias co tema do galego, co tema do nome da ría....
En Asturias xa perderon a súa batalha polo idioma, e agora queren fechar fronteiras a unha realidade lingüistica, coma se o galego fose o culpable.Están a acabar co galego-asturiano (ou como queiran chamalo), e nen sequera poden falar no seu proprio idioma, bueno sí...o espanhol.
Nós en todo caso seremos culpables de que desapareza o galego no noso país.
XA TEMOS DABONDO CO NOSO.

Anónimo dixo...

Parabéns ao autor, Suso Fernández, polo artigo: claro, conciso e acertado. Outro galo cantaría se se escoitase máis o criterio dos/as especialistas nas cuestións lingüísticas: parece que, como todo o mundo fala, todo o mundo "sabe" sobre linguas e linguaxe.