20090329

Unha circunstancia ribadense

Hoxe, coincidindo co reparto de libros sobre os castros ós asociados de O Tesón, pódese ver na Voz de Galicia unha entrevista a Gonzalo Meijide (completada aquí, aquí e aquí) redactor do plan que se está a aplicar nas catas do Castro das Grobas. É unha circunstancia que ven determinada polo interese amosado pola asociación. Pero non me refería a iso. No mesmo xornal aparece que "As 400 granxas de A Mariña viven nunha situación de asfixia económica". Resulta que o pasado fin de semana aparecía noutro medio un artigo con datos sobre a crise leiteira. Na web non aparecen a táboa e gráfico sobre explotacións leiteiras a nº de gandeiros, pero vale cuns poucos datos: Nº de gandeiros en España: 1994 - 139 000; 2009 - 24 000 Cuotas lácteas en toneladas (e poboación, obtidas por outros medios): España: 6 239 289,000 - 46 000 000 Francia: 25 091 321,700 - 64 000 000 Holanda: 11 465 630,280 - 17 000 000 Vense as desproporcións: España pode producir un millón de toneladas por cada 7 000 000 habitantes. Francia, por cada 2 500 000, e os Países Baixos, por cada 1 500 000. É certo que boa parte de España partiu na adhesión de non ten apenas producción leiteira, pero sobre todo, é certo a falta de competitividade industrial relativa, sen consideracións de calidade, que abocou ós nosos gandeiros ó peche. Non é tanto o reparto de cotas como o sistema propio de comercialización... pero causa a causa, os efectos están aquí, como pode verse nos artigos citados.

Ningún comentario: