20090403

É telefónica española? Compórtase dando algunha ventaxa ós usuarios 'da casa'?

Cifras cantan: Brasil ten máis negocio con telefónica que España, a quen duplica en negocio de móbiles. Pero non é só o negocio ou a externalización de servizos (de malos servizos, como a atención ó cliente), hai que mirar outras cousas: en España obtivo case un 25% máis de beneficios antes de amortizacións que ... en toda latinoamérica, Brasil incluído (fonte: 'Acción', marzo 09). a próxima volta que o teléfono non vaia como é debido, ou máis probablemente, que a factura telefónica afogue un pouco máis, ou que a conexión a internet pareza que desapareceu do mapa, ou que chamando a calquera servizo para demandar dúbidas ou plantexar queixas o tempo se faga eterno e non se solucione nada, cabe pensar na nacionalidade e propiedade da empresa. E como facer que sexa un pouco máis humana. Aínda obrigando ós xestores.

Ningún comentario: