20090417

Leite, Ribadeo, Madrid

Manifestación en Madrid polo tema do leite. As explotacións están a perder cartos e a iniciativa é protestar pola entrada de leite. Paréceme ben defender os intereses dos produtores. Fronte a eles, a industria importa leite a baixo prezo, que parece ser é de inferior calidade e ademáis benefíciase de 'dumping', é dicir, de subvencións que menoscaban a competencia que poda ter. Por outra banda, a pasada semana deixei unha relación da producción de leite autorizada en diversos países (na que se ve que a autorizada en España, per cápita, é varias veces inferior á autorizada en Francia ou nos Países Baixos), e outras entradas relacionadas discutían o efecto da sobre producción leiteira, ou o impacto dos prezos (cun comentario que aporta datos e razoamentos), co que se pode un formar unha idea de por onde van os tiros: a solución dun conflito por adaptación da legalidade ad-hoc. Ben a cousa sería chamativa se en xeral, no ámbito da economía, as leis non foran construídas en base a intereses económicos de xeito exclusivo cando os actores sociais non loitan a brazo partido para que non sexan só eses intereses pecuniarios de 'grandes actores económicos' (é dicir, de empresas poderosas ligadas a grandes capitales con intereses asemade noutros sectores económicos relacionados ou non) os que gobernen. Porque imos ver, pode Francia producir a prezos tan competitivos que saia máis barato traer o leite dende alí que producilo aquí? Renden máis os pastos e os animais, e os soldos son máis baratos alí?. Non obstante, non se verá en Madrid unha manifestación de importadores de leite, poñamos por caso: non lles fai falta e actúan doutro xeito. Mesmo ó final, poida que gasten en total menos cartos en promover iniciativas ó seu favor que os gandeiros na súa propia defensa...

2 comentarios:

Yo escribo dixo...

Soamente che falta un pequeno dato Antonio.

En Francia os gandeiros no son maís competitivos nin menos. En España producese un 55-60% do leite que se consume. En Francia supera o 120%, o leite que as Industrias afincadas en Francia compran, e lles sobra, véndeno a precios de coste (elaboración, trasporte), non a costes de producción ganderios (os costes elaboración, transporte / litro son inferiores a costes producción ganderios / litro) as industrias galegas - ISO É O QUE SE CONOCE POR DUMPING e é claramente ILEGAL.

ISE É O PROBLEMA DO LEITE.

A SOBREPRODUCCIÓN ESTÁ EN FRANCIA, ALEMANIA, non en Galicia.

Outro problema: O monopolio das grandes cadenas alimentarias. ¿Sabes que está a ocurrir agora mesmo nos paises de LATINO AMÉRICA? As grandes cadenas alimentarias tenen totalmente controlado o mercado alimentario, e ponen os precios que lles da a gana, cada persona ten que destinar un 70% do seu soldo a comprar alimentos (ista información deuma un representante do SLG). E ise é o futuro que nos agarda aquí. Cada vez que se abre un centro comercial todos están contentos (casi todos) pero non ven o problema que lles vais acarrear no futuro, ó principio os alimentos vendeos a precios baixos para reclamo da xente, pero o futuro que nos agarda é outro, e xa o veremos.

agremon dixo...

Totalmente de acordo con KnighT