20090404

O concello

O concello estes días é nova. Atácase o soldo do alcalde 2781€ brutos mensuais (14 mensualidades, sen ningún outro complemento), quen reacciona negando unha suba desorbitada da que é acusado, e deixándoa na doceava parte. A cambio, acusa ós acusadores, a CGT, de ser "esa central sindical está instalada na difamación continúa e na mentira".
Non embargantes, enterámonos de que os documentos sobre a liña de alta tensión, non definitivos, están no concello dende hai un ano, non sendo difundidos por non ser unha información oficial. E voltamos con isto ó que levo comentado moitas veces no blog: na actualidade, debido ó tratamento da información que se está a dar a partires das novas tecnoloxías, necesítase unha transparencia que non se daba antes. E os mandatarios non se poden escudar en que algo non sexa oficial. É certo que o tratamento ten que ser diferenciado, e que na actualidade non están claros os procedementos a seguir, pero os tgempos cambian, e o xeito de liderar a sociedade necesita asemade de cambios.
Queda algo máis. O mercado. Pero agora non hai tempo. Pido desculpas. Continuará.

Ningún comentario: