20090401

O Ribadeo natural

Onte coido que foi o día da conservación de Ribadeo. Unha nota de O Tesón dando conta dunha comunicación ó concello efectuada xa a semana pasada comezou o tema: a potenciación das vías ciclistas é un asunto pendente no concello cando se tomaron decisións hai tempo que parecía que ían no sentido de potenciar o transporte en bici. Non foi así, pero pode retomarse a idea e vir moi ben para o noso concello.
Onte tamén a prensa de conta dunha nota que apareceu no blog do concello sobre o aforro enerxético: O concello apagará (xa comezou a facelo) 1/3 das farolas que ten encendidas pola noite (entre 1 e media e 7 e media), coa salvedade da fin de semana. É obvio o aforro en cartos (que de feito preséntase como principal motivo, á par do enerxético), 9 000 €/ano, pero plantexa varias preguntas. Unha, que se diga que 'sin que eso poida baixar a calidade do servizo e sin que poida producir inseguridade cidadá'. Eso implicaría que durante moito tempo o concello estivo facendo o primo. E tamén, que contratou farolas de máis, co custo que representou de construcción. Por outra banda, ás sete e media, antes do cambio de hora, era de día. Aínda máis, se non vai haber merma de seguridade, por que se manteñen os fins de semana? Ou estamos a falar de novo dun lobby da hostalería nouturna e a potenciar outra vez máis ise tipo de diversión? O alcalde fala que non se restrinxirá a luz cando haxa 'momentos de demanda', co que novamente a poboación enteira estaría pagando ises 'momentos de demanda' a parte de cargar co ruído producido, e non ata o horario de peche dos locais senón máis aló, toda a noite. Por certo que tamén parece un pouco contraditorio que as noites de venres a sábado esteñan para iste efecto incluídas na fin de semana, pero no o esteñan para a polocía municipal.
De hostaleiros e medio natural vai outra nova xerada onte: a protesta pola instalación dunha pulpería no porto deportivo, mentras se ten cerrado o bar. Hai acusacións de competencia desleal, e é entón cando sae a relocer a carpa necesaria para dita competencia. Lembro que hai non moito unha 'carpa' permamente e de dimensións abondo maiores estivo a piques de instalarse en Ribadeo, en Mirasol, e o Tesón e cantos o apoiamos fomos polo contrario, acusados de opoñernos ó progreso. En canto ó bar do club, estáse a tramitar a licenza para a súa reforma. Dígoo porque o tema de facer as cousas de xeito legal non se estila moito, e parece que neste caso si se vai facer.
Nunha especie de contraataque, o clube náutico deféndese por outra beira: denunciando os verquidos á ría polo rexistro que afea a dársena de Porcillán. En consecuencia, o concello pónse mans á obra e envía a empresa de augas a ver que pasa. E pasa que esa baixante está sen condicións dende hai moito tempo e que haberá que amañala polo concello ou por quen sexa (iso dependerá dos cartos necesarios e os dispoñibles).
Unha última cousa: Non creo que fora a raíz da nota neste blog, pero por fin retiraron luns as banderolas que quedaban no parque, estando limpo por primeira vez dende abondo tempo (bo, limpo... queda un cartel o bras que deberan ter xa rematado hai moito)

1 comentario:

Moisés dixo...

Á xente de Ribadeo non creo que lle aporte moito a parafernalia cartelística e demáis que ven imperando no parque.
Os turistas (que adoitan ser "namorados" da vila que xa a coñecían) van cheos de carpas, vinilos serigrafados etc en cadansúas cidades...
Se no concello non se lles ocorre un xeito mellor de "tira-los" cartos (neste blog teñen abondas ideas) por qué non aforran esas partidas?