20090406
A presencia da SGAE
Onte foi o concerto de Semana Santa da Banda de Música Municipal de Ribadeo. Á beira, o folleto correspondente.Non chegou a medio auditorio Hernán Naval a xente que desfrutou del. Houbo algún cambio respecto do programa: Miniatures for band foi interpretada antes que Concerto grosso, e a Antoline que aparece era na realidade Attonline. A máis, foi concedido como agasallo o mix de Boleros Medley.
Á segunda actuación de concerto non asistín, asisteume dende a lonxanía, pois a megafonía, atenuada, chegaba ata a casa. Tratábase do concerto de Costa Oeste e Panorama no aparcamento provisional na R. Rosalía de Castro, para o que foron montados os aditamenteos deste tipo de actos.
Que teñen en común as dúas actuacións? Máis cousas das que parece. Comezando polo acoso da SGAE, que despois de 'negociar' co concello o pasado ano o pago de 30 000 € 'atrasados' (hai pouco, nunha contestación a O Tesón, saiu a relocer que aínda non sabe canto terá que pagar este ano, e republiquei un artigo de J.L.Sampedro sobre o tema), a que moitos califican de 'honorabile società' puxo na súa mira a Amadores da música. Así o deixou testemuñado o director da banda nas verbas que dirixiu ó público. Se o pago do concello á SGAE libra de pagar máis nas actuacións en Ribadeo, e polo tanto o concerto da noite está libre de máis cargas unha vez que o concello afloxe a güita este ano, as actuacións da banda fóra non o estarían, así como tampouco cando actuara en Ribadeo sen ser por conta do concello. Escoite a palabra ladróns varias veces o rematar o concerto, e a ninguén rebatíndoa. E, por se acaso, a SGAE prefire cobrar doble ou por algo que non ten dereito que non cobrar, como quedou amosado en máis dunha resolución xudicial.
A foto é da pista de football street, ou sexa, fútbol de rúa, que está instalada no cantón esta tempada. Non a poño para contar días de ocupación do parque, pois está fóra del, senón para que quede constancia dunha actividade destas datas en Ribadeo.
Ago máis? Comezou onte Mariñarte, no Forte de San Damián, que estará tres semanas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario