20090408

Ribadeo activo


O cambio de estación xa foi, pero Semana Santa representa en certo sentido o cambio de estación para as persoas. Así se ve en Ribadeo un conxunto de actividades que hai que reseñar.
Xa están en marcha as actividades de primavera do concello, hoxe preséntase a actividade que terá lugar a fin de mes e queda referida no cartel (voltarei a tratar dela), foron anunciadas actividades para mulleres (curso de fotografía e dúas rutas de sendeirismo) e ata, redondeando as actividades semanasantinas saiu un novo 'Ecos de la Parroquia' (que espero que esta tarde esteña en 'Publicado en Ribadeo'.
Todo, nun día luminoso no que hai mercado, os de Navia comezan a protestar polo ruído da súa principal industria, e os ribadenses nos levantamos cunha operación policial no pobo.

1 comentario:

agremon dixo...

Lembrando o post decateime: onte non foi un día especialmente luminoso; máis ben, en xeral, foi nuboso.