20090413

San Martiño de Mondoñedo, Ribadeo onte

A basílica de San Martiño de Mondoñedo, onte, convertiuse nunha caixa de resoancia incapaz de embridar o son producido pola banda de Ribadeo, son, música e sentimento que inundou o seu interior e ós presentes, deixando unha impresión magnífica dunha actuación que non tivo demasiado público, pois aínda había algún asento libre na pequena igrexa.
Deixo dous programas. O primeiro, máis rústico, foi o usado, a excepción dos boleros que se agasallaron como bis con entusiasmo. O segundo, que incluía un resume de actos de Semana Santa pola outra beira, estaba en cor, etc, resultou ser fallido, e non só por ser tocadas as pezas en diferente orde, senón tamén porla variación de pezas tocadas e mesmo polo nome, comezando polo sofrido nome (para estes menesteres) de Attonline.

5 comentarios:

ajaspino dixo...

Carallo... eu entrei coa Banda, e se foi creada no 1880... rediós! pero cantos anos teño?

agremon dixo...

... moitos, Chenchu, moitos ...

Miles dixo...

moitos...pero cantos anos teño?

agremon dixo...

Mal vas se tes que preguntalo, Miles...

TESON dixo...

gracias por el articulo , me ha encantado tu blog