20090409

Sobre a liberdade en Ribadeo e na rede

Hai uns días publiquei unha foto, entre outras. Antonte 'aconsellouseme' quitala. Revisándoa, non vexo o por que, e máis aínda tendo información complementaria que non publiquei. De calquera xeito, xa que se me 'aconsellou', pensei nas consecuencias. E atopeime con outras situacións anteriores, relacionadas con outro tema pero semellantes no fondo ás que xuntar o 'consello'. Ademáis, por casualidade onte tiven oportunidade de reler varias citas que veñen ó caso. E decidín deixar algunha no blog como testemuña nun día no que Ribadeo parece calmado despois de que comezaran as celebracións nouturnas de Semana Santa, adiantándose á previsión dun concello de Ribadeo que terá Policía local só a partir da próxima noite e só ata a hora na que debera pechar a primeira remesa de locais nouturnos.
Ctia 1: sobre a liberdade.
"Cando me pediron que fixera iste discurso, pregunteime que tiña que dicir a xente nova como vós, que está a rematar os seus estudos. E penso que teño unha cousa que dicir. Se desexades ser útis, nunca sigades un rumbo que vos silencie. Refusade aceptar calquera cousa que implique unha confabulación, ben sexa unha secretaría, honorarios de abogado ou un posto nunha Universidade. Conservade o poder da palabra, aínda se elo esixa o perder todos os demáis poderes (...)
Vin durante dez anos rapaces novos que se lanzan ó mundo coas súas mensaxes, e cando descobren o xordo que é o mundo, pensan que deben aforrar esforzos e esperar. (...) Pero chega o ano seguinte e con el un insólito descobrimento. O home perdeu a súa perspectiva. A súa ambición evaporouse; non ten nada que dicir.
Douvos ista única norma de conduta. Fagades o que fagades, expresade sempre a vosa opinión. Permitide que vos rexeiten, que vos odien, que vos ridiculicen, asustádevos, dudade, pero non permitades que vos amordacen. Sempre se está a proba. O momento que esperabamos é agora" Escrito en 1900 por John Jay Chapman
Cita 2: sobre os atavismos que conserva a sociedade (aplíquese ós galegos, caciquismo e demáis).
"Aínda que un sistema poda deixar de existir en sentido legal ou como estrutura de poder, os seus valores (ou anti-valores), a súa filosofía, as súas ensinanzas, permanecen en nós. (...) Derrotamos ó sistema pero aínda levamos os seus xenes", Ryszard Kapuscinski
Cita 3: trátase de actuar de bo xeito, non de ir a favor ou en contra de ninguén.
"Agora a nosa tarefa non é contestar preguntas. É esquecer as preguntas baseadas no medo e escoitar as preguntas do corazón", The cluetrain Manifesto

1 comentario:

ajaspino dixo...

A s citas son tremendas e dan que pensar. Sobre todo a primeira.