O pasado mercores, 15 de Abril, visitei a Delegacion de Industria de Lugo, xunto co técnico ambiental, para estudar a fondo o expediente da Subestación xa que a liña aínda non está en exposición pública, anque xa se coñece perfctamente o trazado proxectado por BEGASA. O técnico desprazouse desde Oviedo e eu tiven que pedir un dia no meu traballo. Digo esto para suliñar as dificultades que supón para os particulares a presentación de alegacións a un proxecto desta envergadura e a tomadura de pelo de dar 20 dias de exposición pública frente a unha empresa como BEGASA-EON que ten tódolos medios e información que xa comentamos en escritos anteriores. Este e o concepto de igualdade que defende o Sr. Alcalde de Ribadeo, todo para BEGASA, nada para os veciños. A revisión do expediente levounos tres horas e media e o técnico atopou unha serie de irregularidades que permiten formular alegacións de peso e con grandes posibilidades de prosperar, tanto no recurso diante da administración como no contencioso administrativo se chegase o caso.
No momento actual o tecnico ambiental e o letrado están redactando as alegacións, polo tanto non me vou referir a este tema mentras non o teñamos por escrito, que será nos próximos días. Pero na revisión do expediente atopamos un documento que pesie a confirmar o xa sabido ten un interese e uns matices particulares que non deixarán de sorprender a máis dun. Vexamos: Con data 4 de Decembro de 2008 entra no concello de Ribadeo “unha separata relativa ao proxecto de Subestación, promovida por Eon…” (esta separata non figura no expediente, o que figura e o rexistro de entrada e a resposta do Sr. Alcalde, que presentamos deseguido). Con data de 29 de Decembro (saida 30 de decembro) o Sr. Alcalde asina un escrito de oito lineas que di exactamente o seguinte: “Que examinado o proxecto se entende axeitado dende o punto de vista municipal, no seu conxunto, se ben se considera que debe minimizarse o aspecto estético da subestación cun peche vexetal (tuias ou outro tipo de vexetacion perennne) e face-lo pintado do inmoble en tonos verdes ou ocres que mimeticen coa paisaxe de tal xeito que actuen como unha barreira arredor da instalación… a cuberta debería ser de lousa…”
Preguntas:
1.-¿Pode dar o Sr. Alcalde este informe cando o PXOM está en período de alegacions e hai máis de 30 alegacións rexeitando a localización da subestación?.
2.- ¿Pode dar o Sr. Alcalde este informe sen darlle conta a corporación, nin a comision de goberno?.
3.- ¿Non declarou primeiro que non sabía nada e despois que non habia ningún documento oficial sobre a subestación e liña de alta tensión?.
4.- ¿Hai algun informe ou asesoramento técnico que avalie o escrito do Alcalde?
5.- Xa entrando en materia, non sería cousa de poñer unhas estatuas desas que se levan agora de Bambi, Carapuchiña Roxa e os sete ananiños?
Así estan as cousas. Se segue habendo alguén que pense que aquí xogamos con trigo limpo é que anda un pouco despistado.
Evaristo Lombardero Rico
Ningún comentario:
Publicar un comentario