20090430

Vándalos

Calexón entre Rodríguez Murias e Pasarón y Lastra: contedor queimado, máis ben estoupado segundo parecía esta mañá (mágoa de cámara!) na parte alta do calexón, á beira dun oco na parede de Kiddy's Class. A parede pode verse queimada aínda agora, xa ó mediodía. Poido arder dun xeito doado todo o edificio de entrar o lume na tenda, algo que estivo a piques de ocorrer a xulgar pola separación que tiña a tenda e a rúa esta mañá, pola que se albiscaba o interior.
Non é a primeira vez que os vándalos actúan, pero desta tomarase medidas pola gravidade que supuxo. A parte de que podan obterse máis datos dos causantes ó ser unha zona céntrica. Verase a efectividade das pesquisas que xa se teñen iniciado.
Unha compensación simbólica: Os mortos, a peli gravada en Rinlo, ten 15 nominacións para a gala do audiovisual galego que se celebra esta noite, os 'Mestre Mateo'

2 comentarios:

Mariano dixo...

15 nominacions e os figurantes estan a dia de hoxe sen cobrar. Tanta axuda e tantas productoras para rematar asi. Mágoa, por unha vez que temos a Rinlo nunha peli.

agremon dixo...

A nota de prensa do concello:
http://www.ribadeo.org/actualidade/nova.php?id=185&lg=gal