20090514

500 m máis

A pesares dos nubarróns que se prevían para a franxa dos 500 m litorais coa ascendencia do PP na Xunta, parece que o sentidiño primou e quedarán protexidos algún tempo máis, mentras se prepara unha lexislación adecuada. Nestes casos o felicitarse das medidas sempre debe ter un aquel de prevención: as normas e as leis sácanse e logo poden incumprirse mesmo por quenes as sacaron, como xa ten ocorrido moitas veces. Por iso, con aplauso, pero con prevención.
... e 8 máis. Neste caso non metros, senón persoas, rapaciñas do Ribadeo Fútbol Sala Infantil femenino: Antía Fernández, Rita Pérez, Elena Darriba, Nuria Pérez, Carmen Rodríguez, Laura García, Inma Rodríguez y Mónica Rodríguez. Xente de 12 anos que foi ganar a final provincial por 12-1 e por terceiro ano consecutivo. Coido que implica unha certa superioridade, maior que a do Barça onte ante o Athletic na copa do Rei.
Hoxe escollo outras dúas novas relacionadas máis direitamente co IES Porta da Auga que a anterior (a maioría son estudantes no centro). Foi fallado o premio 'As mates molan' unha vez revisados todos os exames. E pode verse na prensa unha entrevista a ganadora deste ano. Por outra parte, dende antonte hai dúas estacións meteorolóxicas dando o tempo con pequenos intervalos en Ribadeo. Unha, a da Granxa escola Pedro Murias, na que Luciano Zubillaga leva xa moitos anos recollendo datos, mesmo antes da súa automatización, e agora a estación meteorolóxica do IES Porta da Auga, que pasa a maiores despois de levar algún tempo xa enviando datos a meteogalicia, atendida e mantida polo momento polo director, Alfonso Piñeiro, e da que se pode ler unha reseña no propio blog do IES.

Ningún comentario: