20090506

Como formiguiñas


Pouco a pouco vai facéndose camiño, o que se di, 'se hace camino al andar, golpe a golpe," ... e así atopamos que son os moitos poucos os máis dignos de recoñecemento, por ser os que ó final contan máis e son máis importantes. a dicción popular está chea de frases pertinentes, en galego e en castelán: 'un gran non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro', e ademáis somos conscientes de que a vida é unha sucesión de pequenos detalles... Hoxe na prensa hai algunhas mostras disto mesmo.
Un novo deportista ribadense corredor de fondo, Noel Fernández Marcos, ex trompetista da banda e agora, con 32 anos, maratoniano autodidacta, que pouco a pouco vai facendo camiño e rebaixando marcas propias, sumándose ó conxunto de deportistas de Ribadeo que con tesón van abríndose paso no mundo deportivo.
O centro de dinamización de Ribadeo, que con pequenos e trallados cursos vai sumando xente e xente formada en informática e temas relacionados. Incidiría non tanto na formación, senón na inclusión de xente no uso das novas tecnoloxías, incluíndo, iso si, 800 persoas/cursiño no que leva de historia. Parodiando a frase de Neil Amstrong ó chegar á Lúa, un pequeno paso para Ribadeo, pero importante para moitos dos afectados.
Un pequeno concurso, 'As mates molan', xuntou a Ribadeo a unha ducía de alumnosde ESO da Mariña. Había condicións previas: sobrepasar unha puntuación mínima en cinco caderniños previos a cubrir en internet. Máis que nada, un pouco de constancia para analizar as solucións, entre inxeño e matemáticas.
Outro cursiño máis de formación, o avisado de guías turísticos, que non se poñerá en marcha ata o próximo mes pero que encheo as prazas ofertadas, 15. Un curso que axudará a coñecer mellor ribadeo á xente de fóra, pero tamén ós mesmos ribadenses.
Mesmo noutras novas maniféstase ese traballo de formiguiñas e a forza da unión. As xornadas sobre violencia de xénero do concello, que terán lugar a próxima semana, veñen precedidas da detección xa, este ano, de 8 casos en Ribadeo. Tamén é traballo de poucos a poucos o logra a normalización das relacións de xénero, e niso anda o concello.
E foi pouco a pouco tamén como se recolleron as fotos dos libro 'Con outros ollos', de fotos sobre Ribadeo, do IES Gamallo Fierros para conseguir cartos para unha viaxe a Londres.
A imaxe, unha foto do Parque con vistas ó cantón.

Ningún comentario: