20090529

Conflito leiteiro: media solución

Comezou a ser recollida xa a leite das gandeirías "Ganadería Cid" e "Veigueiro Sociedad Cooperativa Galega" por parte de Leite Celta. Unha victoria? Esta mesma semana vin unha reportaxe na que o leite era pagado a un gandeiro en Francia a 19cent/L, mentras que aquí a están recollendo a 16cent/L. É dicir, en Francia págana un 20% máis. E séguese importando a pesares de ter que traela.
Xa falei da existencia do dumping, non?
A parte diso,está o esforzo requerido para que a leite fora recollida, con dúas partes: a reticencia das empresas a ir 'contra os intereses' doutra delas que a deixou de recoller (lácteos Lence), algo así como se poidera desencadear unha guerra entre elas, e a desunión manifestada polos gandeiros, que recoñecen en función de dous parámetros: se houbera unión, posiblemente non tivera pasado a falta de recollida nin o prezo baixo que está a sofrir, e tamén en base ás declaracións que fan, pois segundo o sindicato ou asociación correspondente botan a culpa ós outros indicando que se non obraran como o fixeron, non tería pasado...
Así, dias despois de plegar as protestas para non seguir incomodando ós industriais, chégase a unha solución a medias. Ou non é a medias cando hai unha diferencia así entre o custe do leite nas estanterías e o que reciben os gandeiros, ou cando somos deficitarios na producción de leite e hai que tirar o leite e rogar para que o vaian a recoller?
Debemos felicitarnos? Supoño que si, pero tendo en conta as circunstancias e a 'sangue, suor e lágrimas' que vai costar a normalización do sector. Mentras, aí queda a diverxencia sobre o incidente que deu orixe á negativa de recollida: un rifirafe dos gandeiros cun inspector da empresa, sobre o que hai asemade diverxencia de consideracións e que rematará no xulgado.
Unha última cousa... alguén se lembra da picaresca de non pedir cota leiteira para non ter que pagar, froito da anterior situación de desmadre que había? Algún día haberá que retomar a historia para deixala clara, e a ver se se pode aprender noutros sectores, pois é evidente que agora mesmo hai moitas normativas que se están a tomar polo pito do sereo, perxudicando con elo a toda a sociedade, incluídos moitos os supostos 'beneficiarios' en cada un dos casos.

1 comentario:

agremon dixo...

Complemento alleo: comparar o estado do sector leiteiro coas subvencións a outros sectores, neste caso, o cine: http://www.microsiervos.com/archivo/curiosidades/cine-espanyol.html