(...)
O punto terceiro tivo unanimidade, apuntando UPRi que os criterios de selección foran obxectivos e non suxeitos á subxectividade.
A ampliación durante un mes do prazo de exposición do regulamento da agrupación de voluntarios non atopou ningún inconvinte.
En canto á intervención do concello no trámite do TSXG para ter un xuíz substituto, acordouse non intervir.
A petición de subvención para Asuntos sociais despertou de novo as intervencións, de xeito semellante ó primeiro punto, se ben tratándose esta vez de preguntas ou comentarios sobre menos cantidades pero substancialmente maiores. Trátase de 384 000 €, 120 000 para o asilo (a primeira vez que se solicita) e 20 000 para axuda no fogar. Falouse do funcionamento, da petición de máis persoal cando é unha época de menos cartos, que non hai moita lista de espera, pero non ten por que coincidir o horario solicitado co horario dispoñible polo persoal, etc, aclarando que na actualidade ronda as 10 o número de persoas do servizo, e que o aporte do concello ronda os 500 000 €. Rematouse con unanimidade despois de deixar reflexado por parte de UPRi que pedir significaba poder botar culpas á Xunta se non se concedía, e apuntarse alomenos parte do tanto se se conseguía.
As licenzas foron concedidas con unanimidade e con elo pasouse a Rogos e Preguntas. En perto de hora e media foron moitas as que se fixeron, sendo respostadas a maioría, pero non todas, o que orixinou unha petición de resposta por escrito en relación a preguntas deixadas de contestar en plenos anteriores.
Unha selección (teño que recoñecer que un tanto arbitraria segundo fora o cansancio no momento) pode ser:
Houbo proxecto na pasarela do porto? Polo que parece, parte de hai un par de anos, e debe contar con informe positivo de patrimonio. Corta a baixada que había en Porcillán e pon pasos no acceso ó embarcadeiro da lancha de pasaxe. Esto último quedaron en que se pediría a modificación para evitar perxuízos a quen non lle sexa doado pasar os novos peldaños. Soslaiouse o feito de 'tapar' algunhas saídas de embarcacións alí estabuladas. E o meter madeira e barandilla, variando totalmente a fisognomía da zona, deixouse no tema legal: tivo informe positivo (parece).
A baixada a Cabanela (teño fotos sen poñer dende hai tempo, un día destes irán) deu lugar a unha explicación polo miúdo: das casas con soportais, ahora derruídos e con perigo se alguén se atreve a pasar entre os escombros, unha pertence ó concelo, outra á Xunta e dúas ó bispado, que serán adquiridas pola Xunta para rehabilitar para vivendas de xente moza. Dalí pasouse á beira, a unha terra que hai acumulada no fondo de Cabanela e que o alcalde dixo que estaba xa sobre o tema para que se retirara.
Sobre a recollida de cartón: hai tendas que incumpren os requerimentos da alcaldía para a recollida de cartón. Falouse da posibilidade de variación de hora para facelo dun xeito máis adecuado durante o verán, e tamén de que algunha 'merecería' unha sanción. Iso coido que significa que polo momento non se aplicarán sancións, aínda que debera, e lembroume algún que outro tema, mesmo de carácter educativo ou de intelixencia social que algún día pode retomarse nestas liñas.
Seguiron a limpeza da praia do cargadoiro, os charcos na rúas, as obras do 'plan E' ('plan Zapatero') e un tema tocado moitas veces no blog, que aínda no turno do PP sacou a colación José Carlos R. Andina: a petición dunha queixa á SGAE polo cobro de 1 400 € a tenor das mostras de teatro afeizoado. Deu lugar a unha intervención do secretario dicindo que non se podía ir contra a SGAE porque estaba a gañar o 99% dos casos xudiciais, e de Vicente no sentido de que a SGAE tamén mandaba xente a vixiar. Pensaba eu daquela entre outras ocurrencias que, en concreto co teatro afeizoado, dubido moito que as obras presentadas esteñan representadas pola SGAE, co que estaría en todo caso cobrando por algo que non pode cobrar ó non representar ós autores. Lembro que mesmo no pleno ordinario pasado, houbo unha pregunta de O Tesón sobre o tema (escrito de J.L.Sampedro sobre o tema en relación ás bibliotecas, a referencia á contestación do alcalde no blog e escrito de O Tesón coas preguntas ó pleno pasado) non podendo o alcalde dar resposta de cando se espera pagar este ano á SGAE.
Pasou logo a preguntar o PSOE, que comezou falando sobre o incumprimento en relación ó paso de vehículos e aparcamento en Calvo Sotelo cando está sen entregar, e as dúas versións do libro das que me facía eco onte, 'Un título desafortunado'.
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario