20090504

A homenaxe a Calvo Sotelo

Véxoo en retrospectiva, pola prensa, polas notas do concello (unha, duas, tres, catro ...), ... e pregúntome unha serie de cousas. Teño ganas de ter o libro de homenaxe para botarlle unha ollada a ver se me fai cambiar de opinión. Polo momento, paréceme claro que non son do grupo maioritario que manifestou a súa adhesión a Calvo Sotelo.
Entendámonos: que eu saiba, nunca mal me fixo direitamente, tampouco creo que lle teña que deber algo en particular , e non teño pensado pedir que se retire a placa de Porcillán, que pode resultar mesmo decorativa. Pero sigo a pensar que homenaxealo precisamente pola preferencia que tivo con Ribadeo (a pesares de que as notas do concello non inciden nese punto moi direitamente) implica un tufo a clientelismo político, caciquismo, que ten a súa base en perxudicar a outros, por moito que por ser un perxuízo difuso non se manifesten en contra da homenaxe, mesmo non teñan conciencia do tema. Non sei, non debo de entender ben.
Un exemplo, aínda que sexa anecdótico no conxunto: o que non se saiba o custe da placa. Quizáis sexa por non falar de cartos nun momento inoportuno, pero entón, como se entende que se dera publicidade ós 15 000 € da Deputación (ó fin e ó cabo, de todos) ou ó escaso €/socio do C.N., e que en todas as novas saia en primeiro lugar o sufraxio veciñal? Dariase noticia do importe e pasaríaseme?
En canto ó pobo, quedará sempre no imaxinario popular o trato recibido polo Yuma en Madrid, ou que 'trouxo' a ponte, tendendo a desaparecer como anécdota aquel feito do municipal que lle puxo unha multa por aparcamento indebido aínda cando lle dicían que era de Calvo-Sotelo o coche multado (multa da que non se voltou saber, claro está).
Algunhas referencias de Calvo Sotelo: http://es.wikipedia.org/wiki/Leopoldo_Calvo-Sotelo
Fotos (galería) no El País
Citas
+ citas
Calvo Sotelo, Marqués da ría de Ribadeo
Un artigo no blog, sic transit gloria mundi
Unha referencia a tres visións alternativas sobre Calvo Sotelo (ligazón ó final do artigo). Ver tamén o comentario na entrada.

Ningún comentario: