20090512

Morte (segundo xénero)


A viloencia de xénero é o tema das xornadas que se celebran este fin de semana. O díptico da a información necesaria se se amplía como foto a parte. Hoxe por hoxe é unha causa relevante de morte para as mulleres que, coa crise económica, non está diminuíndo. Quizáis non se note moito no número de casos que saen á prensa por morte, pero si parece que se está a notar no número de casos detectado. a crise fai que a situación de moitas familias se vexa deteriorada na vida diaria, e iso inflúe nas relacións no interior das mesmas. A celebración dunhas xornadas deste tipo pode parecer / padecer un certo estigma, e quizáis por iso mesmo, ser máis ineficientes precisamente de cara ás parellas que máis o necesitan, pero de calquera xeito, a loita contra este cancro social pasa por todos: é a sociedade en conxunto quen debe reaccionar, e a quen se lle pide que reaccione neste tipo de actividades. Un tipo máis de violencia a erradicar, pero non un tipo calquera.

Ningún comentario: