Vexo hoxe na prensa que dúas granxas adicadas ó leite poden pechar en cuestión de días (230 e 107 cabezas, respectivamente). Lembremos: o leite é un produto perecedeiro, e se non se recolle, as vacas pásano mal. Se se recolle e non o venden, a parte de que as vacas seguen a consumir, non hai onde almacenalo ...
Mentras, lembrei un título dun artigo da semana pasada: o caso é que metade de España pode quedarse sen internet de terceira xeración porque non é rendible cando a densidade de poboación é pouca. Estámonos afacendo a titulares como ise, que, en base a cousas que non contan coa xente (ista vez é por cuestión puramente de gananciales, pero pode ser por outras, como sinxela iñorancia do que hai máis aló da M40) están a prexudicar gravemente ... a nós. Estánnos a perxudicar gravemente. Mesmo sen que nos decatemos.
O xeocentrismo é algo xa arraigado. Coñezo madrileños cosmopolitas (espero que algún aínda siga a ler o blog), pero tamén outros que viaxados ou non, non saben doutro lugar que de Madrid. Certo que o mesmo se podería dicir dos norteamericanos, por exemplo e por iso do imperio, pero a nós quizáis a sección que nos afecta esteña sobre todo en Madrid.
Aínda hai non moito que me relataron un caso que amosa un particular xeito de mirarse ó embigo: Non hai moitos anos, un xefe de delegación local dunha compañía española implantada a nivel internacional na zona de Vigo tivo que dar de alta un cliente. Ponse a teclear e o ordenador non daba collido os datos. Despois de varios intentos, decatouse que estaba a poñer o municipio tecleándoo, pero non aparecía na lista de municipios que a compañía tiña no seu programa a traverso da web e relacionoou ambas cousas. Colle o teléfono e ponse en contacto cos administradores informáticos, en Madrid. A resposta: non está porque ise municipio non existe... O municipio era Mos, e si existía (mesmo con clientes anteriores sen dar de alta pola web, supónse!), pero non foi inmediato o recoñecemento da súa existencia, nin moito menos. E así parece moitas veces: diversos sectores da poboación, nós, non existimos...
Mentras, segue o 'dumping' co leite estranxeiro, o que significa regras do xogo comercial amañadas para beneficiar a determinadas posicións xeográficas (algo que hai de sempre, pero que agora afecta á nosa zona de xeito brutal no tema do leite e por iso poñemos máis atención)
4 comentarios:
Eu penso que isto é unha situación que deriva de que no pasado non se fixeron as cousas como se tiñan que facer. Aunque agora é moi doado de decir (por a miña parte) de que as cousas antes non se fixeron ben.
O que nos debemos preguntar, e pensar e reflexionar, e si estamos todavía a tempo de cambiar a situación, de poder cambiar a dirección e o sentido do camiño da vida, de si estamos a tempo de cambiar a situación que estamos a vivir en todos os sectores, o caso e que solucións temos que tomar para poder seguir medrando, e que toda a xente teña traballo. Estamos ante unha situación moi dificil, moi complicada, o caso é ¿Estamos a tempo de poder cambio o rumbo do noso futuro?
Non sei se estaremos a tempo. O que sei é que se non o intentamos, fixo que non o estaremos.
Cando non sabia nada de Madri pensaba iso...agora que trabalo nel digo: moita xente de Madrí non sabe xa non máis alo do que hay fora da m40, senon inda da m30.
Cando pasan estas imbecilidades legais que non nos teñen en conta, coido que e metade por causa de madrí metade por causa de politicos galegos que poñen coma excusa madrí.
Este último punto e grazas a coñecer Madrid e ver como hay moito concelleiro, concellal e deputado galego que parece que veña a Madrid o teatro.
O problema do leite foi como o tema da reconversión naval, que non foi reconversion senon desgüace: priman os intereses dos fundadosres da UE. Todo o rollo legal as veces e tan sinxelo como que non nos deixan producir ali onde poderíamos ser competitivos. E acabouse o tema, máis é legal que unha vez que noutros paises -Francia- están abastecidos poden vender a calquer prezo o leite aqui.
Faltan non so politicos se non tamén cidadans que falen disto.
Para Mariano:
O tema do leite de Francia non é legal. Sería legal si eles venden os seus excedentes aquí ó mesmo precio que lles pagan os gandeiros franceses. En ese caso estaríamos falando de competividade, de esa forma os 30 céntimos que lles pagan ós franceses non podereían competir cos 25 que lles pagan os galegos e de esa forma non poderían vender aquí.
Publicar un comentario