
A continuación unha foto, borrosa na distancia, da zona do porto das Figueiras. Industria á esquerda na foto, no centro a confraría reutilizada para restaurante e cafetería, e, agora, unha liña que se ve na foto en primeiro termo: As Figueiras apuntouse ós peiraos deportivos e está na primeira fase do seu desenrolo neste campo, retirando o Tesón.

Despois, o ascensor da Atalaia. Recortei a foto para encadrala e centrala na vertical. A beira pelada do cantil fai un contraste coa ría que en breve desfará a obra ó achegarse a unha certa altura. Pero non podo parar de pensar no mantemento e o custe de afear o cantil.
E unha foto máis. Unha obra que leva xa tempo en marcha. Perdón, parada. Pero á que por fin lle sacaron da parte de diante materiais diversos que tiña acumulados, permitindo o paso normal. E iso que xa hai tempo que a xente do local que ten debaixo se queixou. E queixouse tamén porque o abrasivo empregado fastidiuolle os cristais das portas, pasando a parecer perennemente cochos. Un cartel neles así o dí tamén dende hai xa meses. Pero iso aínda está sen amañar. E así seguen.
Mentras, volta Ribadeo de tapeo, de mañá ata o próximo domingo, a bombo e plat

As tarxetas de Pan e letras 09 repartirase o vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, nas panaderías, librarías e quioscos de prensa de Ribadeo xunto con cada produto que se compre. O deseño de Mauro Leivas acompaña un texto tirado das memorias de R.Piñeiro sobre o papel fundamental que o grao de presenza do noso idioma no ensino ten para o seu futuro.


Ningún comentario:
Publicar un comentario