20090514

Nota de prensa: RESPOSTA DE EON AS ALEGACIONS A SUBESTACION

RESPOSTA DE EON AS ALEGACIONS A SUBESTACION O pasado luns, dia 11 de Maio, recibimos a contestacion de E.ON as alegacions presentadas polos veciños diante do proxecto de subestación electrica. O documento foi remitido pola delegacion de Industria de Lugo. O prantexamento de E.ON non ten desperdicio, pero obviamente non podemos reproducilo integramente pola sua extensión. Quen esteña interesado en coñecer o tema de primeira man pode pedir unha copia, porque paga a pena coñecer os “argumentos” e a forma de “razonar” dos representantes dunha da multinacionais da enerxia electrica mais fortes de Europa. En primeiro lugar, seguindo o modelo iniciado no expediente da subestación E.ON omite calquer dato concreto que faga referencia as necesidades enerxeticas da bisbarra, ou calquer xustificacion razonada do seu proxecto. A tradición oral afirma que os alemans son moi rigurosos nos seus calculos e medidas e un agardaba que nesta resposta se nos indicase cal e a potencia instalada, canto se quer ampliar, a que zonas comprende a influencia desta subestación. En fin catro datos elementais para justificar un proxecto, que, como xa dixemos, leva un importante bocado de diñeiro publico. Pero res de res, os alemans non queren que naide saiba como van funcionar as correntes electricas na Mariña, non vaia ser que se extenda a mania de protestar. Tampouco explican os eonicos (sincopa de eon + tecnico) como funciona ese invento exotico de subestación electrica sen corrente, ou sexa sen cables de entrada nen de saida, porque asi foi como presentaron o proxecto e unha das alegacions pretendia crarexar este punto . Tampouco se esforzan excesivamente en xustificar a utilidade publica da subestación e a sua prevalencia sobre a utilidade publica dos montes veciñais en man comun. En realidade no escrito de EON non se cita o monte veciñal nin unha soa vez, senon que fan referencia aos “propietarios”. Resulta imposible saber a causa desta omision, pero debemos suliñar que según os nosos asesores xuridicos vai ser moi difícil que a linea e a subestación poidan ubicarse, tal como se pretende, nos montes de tres comunidades veciñais, como son As Anzas, Obe e Piñeira. Opinions moi autorizadas e con gran experiencia no tema, sosteñen que este proxecto ten moi poucas posibilidades de sair adiante, tal como esta prantexado, o cal e moi importante que quede perfectamente explicado, negro sobre blanco, para que despois non veñan con dixome, dixome. Resulta como minimo sorprendente que os autores do escrito que comentamos intenten trasladar aos veciños a “carga da proba”, cando nos acusan de non presentar alternativas a ubicación da subestación, cando eles non aportan o mais minimo estudo comparativo nen presentan unha sola linea que xustifique a ubicación proxectada frente a outras. Dito de outro xeito, EON elexiu unha ubicación determinada, pretende impoñela por bemoles, non da o mais minimo dato de porque elexiu esa localización e finalmente exixe que señamos os veciños os que lle digamos onde se pode poñer. O tema pode dar moito mais de si. Remato suliñando que o documento manipula as declaracions da OMS sobre contaminación electromagnetica e resolve en tres lineas a cuestion dos impactos sobre a saude dos campos electromagneticos. Sen comentarios, agas suliñar que en Alemania a gran maioria das lineas de alta tension estan soterradas. Pero aquí e distinto, aquí os alemans teñen un convenio asinado onde se lles garantiza que o concello dara todo tipo de facilidades… etc. etc. etc. Evaristo Lombardero Rico

Ningún comentario: