O evento máis importante de hoxe en Ribadeo quizáis sexa un que non sae na prensa. Non sae porque non foi comunicado públicamente. Refírome á xuntanza da Mesa de Asociacións co alcalde.
Facendo un pouco de historia, a Mesa de Asociacións responde a unha convocatoria de O Tesón para reunir a asociacións de Ribadeo e intercambiar pareceres sobre a marcha co concello e así poder ter nalgúns puntos unha fronte común para presentar propostas ou defender posturas.
Tras unha primeira xuntanza viñeron outras ás que se foron sumando AAVV das parroquias e nas que abandoaron outras asociacións, e as xuntanzas comúns co alcalde de turno, que eran preparadas con anterioridade. De xeito correspondente, tamén se pasou de citar nun primeiro momento a asociacións de diverso tipo do pobo ou moi viciñas en xeral a facelo con asociación de veciños de todo o concello.
Teñen pasado por moitas vicisitudes unha vez que se manifestaron que non ían ser unha correa de transmisión do alcalde, senón un pequeno cauce no que se pretendía dar pé a participación cidadá. Así, no anterior mandato, despois de varios atrasos de xuntanza co alcalde (mesmo unha vez, despois de ter fixado data e atopar ó alcalde saíndo do concello), sinxelamente deixou de habelas. Neste período co novo alcalde, a cousa retrasouse unha vez máis, acordando o pasado ano (abril) que fora el quen fixera a convocatoria ós catro meses. Non foi así a ata esta semana, despois dunha xuntanza a fin de ano sen el, tamén convocada polo Tesón, asociación que a semana pasada voltou facer a convocatoria correspondente e o puxo en coñecemento do alcalde, quen, unha vez enterado, pediu convocala, polo que O Tesón desconvocou a súa. Deste xeito, a xuntanza non vai a ser preparada con anterioridade en contra da idea inicial deste tipo de xuntanzas informais, pero recóllese de novo a antorcha, voltando a tratar temas xa tratados pola Mesa, temas que entran na convocatoria realizada para hoxe ás doce no concello:
A normativa de participación cidadá
O estado do urbanismo en Ribadeo
A perioricidade destas xuntanzas
A notar que, en canto ó Tesón, foi presentado un borrador de normativa, despois de que fora aprobada inicialmente pero non posta en marcha nunca, nin actualizada para a súa adaptación a normas posteriores, unha normativa no concello hai case vinte anos. Que o PXOM aínda segue en deliberación de alegacións, polo que non se pode tratar de xeito direito, pero dende que se comezou a analizar foron xurdindo temas como o das vivendas promovidas pola consellería (tema que se barallou no outono e comezos de ano) ou diversas cousas sobre concesión de licenzas e actividade xudicial en torno ás cumbreiras. E en canto á perioricidade, o alcalde xa quedara en convocalas e non o fixo: trataríase agora de acordar xa data para a próxima, para evitar novos retrasos.
Unha pequena recolta, nin moito menos exhaustiva, de post no blog sobre o tema:
Sobre a mesa de xullo de 2005.
Outubro de 2005.
Decembro 2006.
Xaneiro 2007.
Abril 2008.
Decembro de 2008.
1 comentario:
Os nosos veciños seguen sufrindo co leite. O ultimo caso (hoxe por a mañá o que sufriron veciños de RIBADEO). Según me acaban de informar desde o SLG, Leite Río quería baixarlles bastante o precio, houbo fortes discusións, Leite Río ameazou con non recollerlles o leite, e hoxe por a mañá cumpliu a ameaza, deixoulles sin recoller o leite. O camión está retido por gandeiros en Cubelas mentras non veña a garda civil non se deixa sair o camión.
Estas son as inxustizas que sufren os gandeiros. Non teñen nin a mínima posibilidad de negociar precios e menos frentes a estos mafiosos como é esa persoaxe Lence. Isto é denunciable e tiña que ser sancionable desde a consellería. ¿Cómo? Pois a consellería pode facer inspeccións un día si e outro tamén ata cansar os de Leite Río, e cando estos se cansen, que poñan os pes na terra.
Publicar un comentario