20090525

Sen estudo de mercado

Despois dunha fin de semana onde se viu de novo que as novas do leite parecen ser abondo menos importantes que as que afectan ós bancos, ou mesmo á industria do automóbil, atopeime onte con este banco de sentarse, posto polo concello de Ribadeo en Piñeira, que, en primeiro lugar, me pareceu unha imaxe bonita, ata que pensei no mercado que ten e pasaron a predominar outros pensamentos. Aparentemente hai moito tempo que non se senta ninguén en el, se xulgamos pola herba que o rodea. O que ven a significar un tirar os cartos sen moito xeito.
O pasado pleno, O Tesón preguntou polo estudo de ocupación do parque. Tampouco o había e xa comentei que se o parque se fai e para desfrutalo como tal, e os outros usos, terían que ser en principio nimios. Pero pola resposta, non vai ser así polo momento.
Tamén no caso do leite é posible que as fábricas digan que os gandeiros non fixeron un estudo de mercado... pero deixei estatísticas que amosan que o leite galego ten mercado. O que non ten é o que se chama 'dumping', algo que practican outros países e que ó non ser practicado por nós, está afundindo o mercado. Pero xa quedaba claro nun artigo que lin hai uns días na prensa (non me lembro nin en que xornal nin por quen estaba escrito, pero a idea non é miña): os gandeiros non lograron organizarse nun poderoso "lobby" como os banqueiros ou os fabricantes de automóbiles... e as leis fannas outros.
Por certo, comezou a campaña da eleccións europeas.

2 comentarios:

Yo escribo dixo...

Boas noites Antonio. Quería comentarche un asunto sobre Rinlo, e os seus indicadores, dos cales ontes fun víctima.

Ontes estiven por a zona das praias (Barreiros, San Miguel, As Catedrais). O caso e que quería visitar Rinlo, dende a praia de As Catedrais hai un indicador de Rinlo, seguímolo, un camiño asfaltado que se ía estreitando a medida que íamos avanzando, máis cruces, e máis indicadores de Rinlo. Vamos ben, pensamos, ata chegar a unha zona, donde á mán esquerda está o mar, e á dereita unha balsa bastante grande de auga (máis á dereita hai un grupo de casas e un establo), a miña sorpresa foi que esa parte da carretera estaba chea de baches a un e outro lado, moítisimos baches e moi profundos, que fan o camiño sea soamente practicable por tractores. Encontreime con outros dous coches de frente, que supoño que coma min, non coñencían o estado de esa carretera.

¿Cómo pode ser que haxa indicadores desde a Praia das Catedrais hacia Rinlo por esta zona? Estos indicadores deberían de retirarse e desde a praia de As Catedrais deberíase indicar Rinlo, facendo os viaxeiros ir a N-640 e coñer a entrada principal.

Cousas que pasan cando non se coñece.

Mariano dixo...

Estamos coma hay anos. A mentalidade de "todo o mundo o sabe" non serve hoxe en día. Porque para iso nin poñer as placas cos nomes das ruas. Nos paises civilizados soen poñer carteis por todo, inda que esteas no rural. Tanto falar do turismo e trátase así a xente. Ah, esa estrada leva demasiado tempo así.