20090522

Vaise e veñen


Vaise o Edda Frende camiño de Marín para ser rematado. Sairá entre as 12 e media e a 1 e media do mediodía, coa marea alta (corresponde ás 12:54 no porto de Mirasol, e un pouco antes na ponte dos Santos, escollo a pasar). As características que collín de Gondán do seu irmán xemelgo, o Edda Fram, son:
DIMENSIóNS:
Eslora total
Manga
Puntal
Calado máximo
Superficie cuberta

85,80 m
19,20 m
8,00 m
6,50 m
900 m²
CAPACIDADES:
Mud/Brine
Base Oil/Brine
Methanol
Drill Cut./Spec.Products
Dry Bulk

723m3
229m3
167m3
429m3
332m3
XERADORES PROPULSION: 4x1920kW 1800 rpm.

O seu porte a algo máis é expresado pola foto que adxunto. O barco de pesca queda reducido na súa presenza, ó igual que a pesca ribadense quedou reducida dende hai xa tempo.
Mentras na actualidade se dirime nos xulgados de Mondoñedo un roubo con agresión (iso é o denunciado), o pasado visitou Ribadeo en forma de bisneta do Altruán, que, a parte do que di na entrevista da Voz que ligo, da nome ó clube de piragüismo, entre outras cousas.
Asemade, hai previstos varios actos 'revolucionarios' en Ribadeo para rememorar o paso das tropas napoleónicas pola zona. O 29 de maio, chegada ataviados xa de época, o 30 de maio, representación en San Damián, e o 31 de maio, recreación da batalla da Ponte. A lembrar que o 1 de xuño é a festa das Cruces (dos pendóns) en A Ponte. Deixo unha ligazón á nota de prensa do concello e o cartel.

1 comentario:

agremon dixo...

Recollo unha ligazón posterior da Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/05/23/0003_7735386.htm