E paso tamén a urbanismo, a Foz, lugar parece que máis activo en asociacións do que hoxe por hoxe Ribadeo. Pois ben, os focenses plantan cara ó PXOM e din algo así como 'basta! non queremos sermóns de xente que nos veña a contar do pxom o que non nos interesa, queremos participación'. Non sei a organización que teñen, que soe ser o tendón de Aquiles do tema para chegar a unha operatividade e non a unha cacofonía, non sei se o conseguirán ou non, pero o paso está dado.
As fotos, do Ribadeo de hoxe, enmarcan a obra abandoada de Ramón González, despois de que a súa viciña pola traseira, a da casa derrubada en Rodriguez Murias, fronte a Calvo Sotelo, collera xa marcha e esteña en plena construcción. A valla de protección, de seguir a obra así, terá que cambiarse e poñerse dun xeito 'decente'.

A terceira, e unha cousa á que non se lle deu, que eu saiba, ningunha propaganda polo momento, e que coido a merece. Un aparcamento de bicicletas na obra de Calvo Sotelo, pegado ó Cine-Teatro. De calquera xeito, para potenciar o ciclismo urbano como medio de transporte (e lembro que o alcalde é afeizoado ó tema, aínda que non por Ribadeo, pode que pola perigosidade actual mais que por non asociar cargo e andar en bici) un tratamento de choque debera incluír varios aparcamentos de vez, pero un paso é un paso. Usarase así, 'en seco', sen unha promoción organizada do transporte en bici? Coido que algunha persoa si o usará, pero que os comezos serán lentos. Ogallá me equivoque e sexa rápidamente moi usado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario